PANIC 9

O Concelleiro de cultura Juán Constenla comparece ante os medios nesta mañá , agradecendolle a Pedro e a Luis a súa presenza aquí
hoxe para presentar as actividades do Festival de cine de
terror PANIC 2022.
Por oitavo ano consecutivo, o Concello da Estrada, a través da súa
Concellaría de Cultura, e coa colaboración da concellería de
Sanidade, Minicines Central, e a ACOE; organiza o Festival de
Cine de Terror PANIC que se desenvolverá entre o 27 de xaneiro e
o 13 de febreiro.
Como podedes ver, este ano, a situación sanitaria obríganos a
retrasar o comezo deste festival e a prescindir de eventos masivos.
Serán todos, eventos de pequeno e mediano formato, cun acceso
limitado de público, e adaptados á situación pandémica na que nos
atopamos.
Eventos, como xa é habitual, de balde e dirixidos,
preferentemente, a público xuvenil nunha unha aposta por
ofertarlle á mocidade alternativas de ocio saudable.
Coma todos os anos, o PANIC alterna a programación
cinematográfica con outras actividades escénicas, concursos e
presentacións de distinto tipo. Se vos parece vamos facendo un
repaso por elas e despois, Pedro, dávos os detalles de cada
sección.
XOVES 27 DE XANEIRO (20.30 h / MOME)
Abriremos o festival dando a coñecer o traballo do ilustrador
estradense ÁLEX VEDE. Un creador novo con grande
repercusión a nivel nacional e internacional no ámbito da banda
deseñada. Seu é este ano o deseño do cartel e da estatuíña ou
trofeo que se dará a partir de agora aos gañadores dos distintos
concursos. Un deseño chamado Salmonstro, en homenaxe ao rei
do río e un dos sinais de identidade da nosa vila.


VENRES 28 DE XANEIRO (21.00 h / MOME)
Este será sen lugar a dúbidas un dos pratos fortes do Festival coa
presentación do filme Jacinto a cargo do seu director Javi Camino
e a curta La carne cruda de Samuel Lema. A presentación será no
MOME e o pase dos filmes en Minicines Central ás 12 da noite.
VENRES 4 FEBREIRO (21.00 h / Pazo de Xerlís)
Non hai Panic sen Manquiña. Convertido nun colaborador máis do
festival, nesta edición, Manquiña tenos preparada unha especie de
aperitivo teatralizado no que, coa colaboración de Fran Campos,
botará man do seu repertorio máis macabro para regalarnos un
show repleto de misterio e humor negro.
VENRES 4 FEBREIRO (24.00 h / Minicines Central)
Proxección do filme Maligno
VENRES 11 FEBREIRO (21.00 h / Pazo de Xerlís)
O narrador Celso Sanmartín convidaranos a escoitar contos de
medo arredor da lareira, animando ao público asistente a relatar as
súas propias historias de medo.
VENRES 11 FEBREIRO (23.00 h / Minicines)
Terá lugar a entrega dos premios de curtas e fotografía de terror.
Este ano, por mor da COVID, o prazo de entrega prolongarase ata
o 4 de febreiro, venres. As bases poden baixarse nas webs do
Panic ou do Concello.
VENRES 11 FEBREIRO (23.30 h / Minicines)
Maratón de cine de terror. En principio, queda supeditada a que as
restricións sanitarias nos permitan facela. Se hai toque de queda ás
3 da mañá, proxectaríanse só as dúas primeiras películas, e as
outras dúas teriamos que reprogramalas ao longo do mes de
febreiro.
DOMINGO 13 FEBREIRO (9.45 h / Monte Seixo, Cerdedo)
O Panic 2022 pechará as dúas actividades cunha visita á montaña
máxica do monte Seixo, en Cerdeo, lugar onde se encrava a
famosa Portalén (a porta ao Máis Alá). Será unha ruta a pé guiada
polo investigador e escritor Calros Solla na que se falará das
lendas e o significado da cultura megalítica presente neste espazo
natural.
Tanto esta actividade como as desenvolvidas no Pazo de Xerlís
terán un servizo de transporte a disposición dos participantes.
Haberá que reservar praza no departamento de Cultura. Comentar
por último, que por mor da Covid, as actividades programadas en
Xerlís e no monte Seixo acollerán un máximo de 30 persoas. As
do cine un máximo de 64 persoas.
Coma é habitual, todas as actividades programadas dentro deste
festival serán gratuítas previa retirada de convite.
Darlles as grazas, tamén, antes de rematar, a Pedro Pérez,
coorganizador do festival e responsable da súa web e de moitas
das seccións que integran este festival. Tamén a Luis Rivadulla,
pola súa implicación nun momento tan complicado para as salas
de cine. Apostar pola nosa mocidade é apostar polo futuro. Así que
intentaremos seguir traballando por facer deste festival, un evento
de dinamización xuvenil e cultural. Coa axuda de xente coma
Pedro e Luis será sempre máis doado.
Xa vos deixo na compaña de Pedro Pérez para que nos comente
máis polo miúdo todos os pormenores do festival e de Luis para
que nos fale da forma na que o público poderá acceder á sala de
cine e gozar da programación.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta