Aberto ata o 31 de maio o prazo para solicitar a
instalación de terrazas durante a tempada estival

Os establecementos hostaleiros da Estrada poderán
solicitar ata o día 31 de maio a instalación de terrazas na vía pública durante a tempada
estival, comprendida entre os meses de xuño e setembro.
O concelleiro de Urbanismo, Gonzalo Louzao, sinala que “como consecuencia da recente
humanización de varias rúas do casco urbano”, esta tempada “engadíronse novos
condicionantes” para a instalación das terrazas. Deste xeito, todas deberán deixar un
espazo mínimo de 1,5 metros libres de obstáculos para facilitar o tránsito peonil, non
poderán empregar materiais que deixen marcas ou manchas sobre o pavimento, o
mobiliario terá que ser moble e deberá ser almacenado no interior dos locais fora do seu
horario de uso. Ademais, nas rúas Calvo Sotelo e Justo Martínez, os elementos das
terrazas deberán gardar un mínimo de uniformidade.
Os locais interesados deberán cubrir e presentar un formulario no rexistro xeral do
Concello, indicando a cantidade de mesas, cadeiras e demais elementos do mobiliario
que teñen previsto empregar durante os meses de verán. Unha vez presentado o escrito,
levarase a cabo unha inspección policial para comprobar se os datos da solicitude se
corresponden coa realidade e o procedemento será resolto mediante un Decreto da
Alcaldía.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta