O Concello da Estrada ofrece 300 prazas na
XIII edición do seu campus deportivo de verán

O concelleiro de Deportes, Ismael Pena, presentou esta
mañá no Concello a XIII edición do campus deportivo de verán, con capacidade para 300
participantes durante os meses de xullo e agosto.
O campamento desenvolverase por quincenas e poderán beneficiarse del os/as nenos/as
de entre 5 e 16 anos. Co obxectivo de facilitar a conciliación das familias e mellorar os
valores asociados ao deporte nos participantes, esta edición contará coas seguintes
actividades, que terán lugar na zona deportiva do Concello en horario de 9.00 a 14.30
horas: fútbol, baloncesto, atletismo, bádminton, actividades acuáticas, tenis,
sendeirismo, fútbol sala e xogos predeportivos para os/as máis cativos/as.
O prezo da inscrición será de 40 euros por participante e quincena, cun desconto do 20%
para o segundo membro da unidade familiar que se apunte e sen custo ningún a partires
do terceiro. Os participantes poderán anotarse ata un máximo de catro quincenas
sempre que existan prazas libres.
O prazo para inscribirse comezará o luns 23 de maio e rematará o 5 de xuño. Para facelo,
aquelas persoas interesadas en anotar aos menores poderán presentar as solitudes a
través da sede electrónica do Concello da Estrada, ou de xeito presencial, no rexistro xeral
do Concello

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta