O terceiro torneo de verán de fútbol sala da U.D.
Estrada reunirá a 64 equipos o 18 e o 19 de xuño

 O concelleiro de Deportes, Ismael Pena, presentou esta
mañá no Concello a terceira edición do torneo de verán de fútbol sala, organizado pola
U.D. Estrada F.S., que contará coa presenza de 64 equipos e terá lugar no pavillón Coto
Ferreiro os días 18 e 19 de xuño despois de dous anos de parón pola pandemia.
Durante a fin de semana disputaranse 154 partidos cunha duración de 20 minutos cada
un. O sábado 18, entre as 9.00 e as 22.30 horas, xogarán as categorías biberón,
prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. O domingo 19 será a quenda dos
xuvenís e sénior masculino e feminino entre as 9.00 e as 20.30 horas.
A competición desenvolverase en tres pistas de xeito simultáneo, en grupos de cinco
mediante o método de liguilla. A entrada será de balde e os asistentes que o desexen
poderán mercar unha rifa, cun custo de dous euros, coa que recibirán un agasallo
asegurado grazas á colaboración de varios establecementos estradenses. Ademais,
durante a celebración do torneo haberá servizo de cantina e terraza exterior.
Os 64 equipos participantes pertencen aos seguintes 23 clubes de toda Galicia: Alto do
Vento, Balona Lalinense FS, Bembrive, Café Bar El 10, Campito Chapela, CerdedoCotobade FS, Cesures FS, Cios Vigo, Codima, Compañía de María, Fátima, IES Coruxo,
Marín Futsal, Poio Pescamar, Praíña SPC, Rodeiro FS, Stellae, Terra de Montes, Terras de
Iria, U.D Estrada, Valladares, Vista Alegre, 7a9 FS.
Durante a presentación do evento, o edil de Deportes estivo acompañado do presidente
da U.D. Estrada F.S., José Manuel Calviño, e de representantes do clube. Calviño
agradeceu a colaboración do Concello da Estrada e dos establecementos estradenses e
destacou que o torneo “deixará importantes beneficios no municipio” ao estimar que
participarán, entre xogadores, familiares e asistentes, “máis de mil persoas

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta