A ESTRADA ACOLLE A II FEIRA DOS FROITOS VERMELLOS CUN
EVENTO QUE DUPLICA OS POSTOS DA ANTERIOR EDICIÓN

A II Feira dos Froitos Vermellos converterá
á Estrada na capital dos berries galegos por segundo ano consecutivo. O
Concello da Estrada, organizador do evento, acolleu esta mañá a presentación
desta feira, que se celebrará o próximo 9 de xullo no Novo Mercado da Estrada
de 10:00 a 14:00. A cita está impulsada por Berries Galicia, primeira asociación
de produtores galegos de froitos vermellos, que busca a venda sen
intermediarios dun produto autóctono, sostible e de alta calidade.
Na presentación do evento participaron Anxos Pais, concelleira da Área de
Desenvolvemento Rural e Actividade Agrogandeira; Óscar Durán, concelleiro da
Área de Promoción Económica, Comercio e Emprego;  Verónica Rivas Prieto,
de Biogalaica 2011 (Palas de Rei), Eladio Cuíña Crespo de Finca do Muíño de
Cuíña (Lalín) e Ramiro Touceda, presidente de Berries Galicia e socio de Frutas
y Hortalizas Río Ulla S.A.T. (A Estrada).
“En Galicia temos moitos produtores de calidade de froitos vermellos, pero que
moitas veces non se coñecen”, introduciu Óscar Durán, concelleiro da Área de
Promoción Económica, Comercio e Emprego, sobre o impulso do Concello a
esta feira de produtos “bos e da casa”.
 
A feira propón unha xornada de degustación gratuíta de froitos vermellos, de
forma natural e elaborados, como marmeladas, xeados ou repostería. Esta
segunda edición aumenta o número de produtores de froitos vermellos
participantes de 6 a 15, aos que se suman 4 empresas que elaboran produtos
con esta materia prima. Ademais, de duplicar os expositores de 2021, as catro
provincias galegas contarán cun produtor ou elaborador no evento deste ano.

O evento inclúe tamén un showcooking e unha degustación gratuíta de cócteles
sen alcohol. Ademais, a edición deste ano da Feira dos Froitos Vermellos
contará cun DJ e un sorteo de cestas de produtos.

“Ademais, dende a Asociación Berries Galicia instalaremos un posto informativo
dirixido ás persoas interesadas en cultivar os froitos vermellos”, sinalou Ramiro
Touceda, presidente de Berries Galicia e socio de Frutas y Verduras Río Ulla
S.A.T. (A Estrada).
“Para nós, a II Feira dos Froitos Vermellos supón unha oportunidade para
fomentar o produto local, quilómetro 0 e de tempada”, expresa Eladio Cuíña
Crespo de Finca do Muíño de Cuíña. Neste senso, recalcan os beneficios de
incluír os froitos vermellos na alimentación, como fontes de vitamina C, fibra,
antioxidante ademais de ser produtos baixos en calorías.

Participantes na II Feira dos Froitos Vermellos

Concretamente, participarán os seguintes produtores de froitos vermellos: Os
Arandiños (Vilalba), Finca Arandeiras de Ferraces (A Baña), Finca A Estoxa (A
Capela), Biogalaica 2011 S.L. (Palas de Rei), Finca San Miguel (San Cristovo de
Cea), Adrián Crespo (Carral), Ecoarándano (Santa Comba), Terras do Norte
(Castroverde), Berries do camiño (Lugo), Frutas y Hortalizas Río Ulla S.A.T. (A
Estrada), Susana Refojo (Dodro), Finca do Muíño de Cuíña (Lalín),
Biofruitgalicia (A Estrada), Finca de Teo (Teo) e Ana Rey e Lorena Quan (Deza).
Respecto das empresas que utilizan os froitos vermellos como materias primas
acudirán o obradoiro Maruxío, a panadería Liñares e a pastelería Mimela, os
tres de A Estrada, así como as marmeladas de Nela Gourmet (Ourense).

Programa

A feira abrirá as súas portas ás 10.00, mentres que o DJ comezará ás 11.00 e a
a inauguración oficial con cócteles de vitamina C Berries Galicia será ás 11.30.
A mediodía ofrecerase unha degustación de froitos vermellos frescos, productos
elaborados e cócteles. Ás 13.30 sortearase unha cesta de froitos vermellos
entre todas as persoas que ese día compren no mercado.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta