Catro empresas optan á execución do proxecto de
asfaltados urbanos, que inclúe a mellora de 10 vías

Un total de catro empresas presentaron cadansúa proposta
para a execución do proxecto de pavimentación das vías urbanas, financiado a través do
Plan Concellos, cun orzamento de 243.883,28 euros.
Estas actuacións contemplan a mellora do firme das seguintes dez vías situadas no casco
urbano da Estrada: 3a Travesía de América, Rúa Forcarei, Rúa Cerdedo, Avenida de
Santiago, Rúa Serafín Pazo, Rúa 36, Rúa Matadoiro, Aparcadoiro de Serafín Pazo, Rúa
Justo Martínez e Rúa Marqués de la Vega de Armijo. O vindeiro martes, na reunión da
Mesa de contratación, valoraranse as ofertas económicas e a documentación aportada
polas catro empresas coa finalidade de adxudicar o proxecto e comezar coa súa
execución.
Durante os vindeiros días tamén está previsto que se leven a cabo actuacións para a
mellora da seguridade viaria na Rúa Muiño, que conlevarán o pintado dos pasos de peóns
e a colocación de pasos elevados que axuden a regular a velocidade dos vehículos que
circulan por esta vía, atendendo ás demandas veciñais.
Paralelamente, o Concello da Estrada está a executar as obras de asfaltado de viais na
parroquia de Curantes, financiadas a través do Plan Concellos, empregando 114.757
euros na limpeza das cunetas e na mellora do firme dos viais situados nos seguintes
lugares da parroquia: A Barreira, Cortes, Igrexa, Campo da Festa, A Nogueira, O Porto, As
Pereiras e Curantes Vello.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta