O Concello cubre as 52 prazas dispoñibles para
participar no Campamento no Mar 2022

A concelleira de Servizos Sociais, Amalia Goldar, anunciou
esta mañá que o Concello recibiu 55 solicitudes para optar ás 52 prazas ofertadas para
participar no Campamento no Mar 2022, que se desenvolverá no campamento xuvenil
“Virxe de Loreto”, situado en Porto do Son, dende o 26 de agosto ata o 4 de setembro.
Mañá publicarase na web do Concello a listaxe co nome dos menores admitidos, para a
que se tivo en conta a súa orde de inscrición, e os tres que permanecen en listaxe de
agarda. Tamén se publicará un cuestionario informativo que deberá ser cuberto e asinado
polo pai, nai ou titor dos menores e presentado acompañado da seguinte
documentación: DNI do menor, DNI dun dos proxenitores, tarxeta sanitaria do menor,
libro de familia ou título de familia numerosa (no caso de solicitar algunha das
bonificacións por segundo irmán ou por familia numerosa), e unha foto recente do
participante.
A partir de mañá, os pais, nais ou titores dos menores inscritos poderán recoller a carta
de pago no Departamento de Servizos Sociais, de 9.00 a 14.00 horas, e deberán realizar
o pagamento antes do día 5 de agosto. Unha vez feito o pago, poderán presentar o
xustificante de xeito presencial no Departamento de Servizos Sociais, ou a través do
correo electrónico servizossociais@aestrada.gal .
A edil de Servizos Sociais tamén avanzou que o vindeiro día 22 de agosto o Concello
acollerá unha reunión informativa na que participarán as familias dos participantes xunto
con técnicos do Concello e mais da empresa que xestione o campamento

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta