A Sala Abanca da Estrada acolle ata o 29 de xullo a
exposición de 62 obras dos alumnos de Arteterapia

A concelleira de Asuntos Sociais, Amalia Goldar, visitou
esta mañá na Sala Abanca a exposición dos/as alumnos/as da actividade de Arteterapia,
impulsada polo Concello da Estrada para fomentar a integración das persoas con
discapacidade intelectual do municipio, na que se exhiben 62 cadros dos participantes en
colaboración coa Asociación Galega das Artes.
Con esta mostra, o alumnado pecha a primeira quenda desta actividade financiada con
fondos propios do Concello, que parará durante o mes de agosto e retomarase de novo
en setembro. Durante a súa visita, a edil de Asuntos Sociais reafirmou o apoio do Concello
con este tipo de iniciativas e puxo en valor o labor da arte como integradora social.
Goldar tamén quixo felicitar polos seus traballos a cada un dos seguintes 15 alumnos e
alumnas que participan na mostra: Carlos Gómez, Dolores Tanoira, Montserrat Tanoira,
Rebeca Ferreiro, Ana Felisa Saurez, Almudena Collazo, María Isabel Torrado, Manuel
Loureiro, José Manuel Rivas, María Diéguez, Victoria Carolina Gomes, Julio César
Rodríguez, José Manuel Monteagudo, Jorge Torres e Mario Silva.
A exposición permanecerá aberta ata o vindeiro venres 29 de xullo, e aquelas persoas
que o desexen poderán visitala de balde de 11.00 a 13.00 horas.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta