O PP presenta unha emenda para incluír o enlace á AP-53 en Lamela, Silleda

 Para Lalín, inclúen a mellora integral da estrada nacional N-
640 ao seu paso polo concello; mellora da capa de rodadura
da N-525, N-640 e ronda exterior que conecta Goiás co
Polígono Industrial Lalín 2000 e a bonificación da peaxe na
AP-53.
 Constenla critica que os orzamentos máis expansivos
conxelan as partidas que destinan para a provincia, “son
desoladores, e ademais ser malos, non os executan”.

O Partido Popular presentou unha emenda para reclamar ao
Goberno central que inclúa nos Orzamentos Xerais do ano 2023 o enlace á AP-53,
en Lamela, desde a N-525, en Silleda.
O voceiro do PP local, Ignacio Maril, recorda que é unha reivindicación que levan
anos facendo, “é un acceso vergonzoso, non hai en todo o país unha situación
como esta, e por iso é urxente que o Goberno central actúe e ofreza unha solución
definitiva”. Así o denunciou esta mañá en rolda de prensa, xunto ao deputado
nacional, Juan Constenla, e a tenente de alcalde de Lalín, Paz Pérez.
Ademais, Maril amósase sorprendido porque o Goberno local de Silleda non
introducise ningunha emenda nin esixise o arranxo deste vial. Ademais, lamenta
que durante a visita do Delegado do Goberno a Silleda, “non se falou de
investimentos reais para o concello para 2023, senón de liñas de subvencións ás
que Silleda concorre do mesmo xeito que o resto de municipios”.
Por iso, di que “non se están cubrindo as demandas dos veciños de Silleda e, o
peor de todo, é que o Goberno local e o alcalde aceptan esta situación. Esta
actuación é prioritaria e non se pode renunciar a ela. Unha situación perigosa para
todos os que transitan por ela”.


O deputado nacional, Juan Constenla, explicou que, ademais de esta emenda para
Silleda, os populares incluíron outras catro emendas para Lalín e A Estrada. Todas
elas por valor de 5,8 millóns de euros e “son infraestruturas moi necesarias para
esta comarca”.
Con respecto a Lalín, os populares reclaman que se inclúan nos orzamentos para
2023 a mellora integral da estrada nacional N-640 ao seu paso polo concello;
mellora da capa de rodadura da N-525, N-640 e ronda exterior que conecta Goiás
co Polígono Industrial Lalín 2000 e a bonificación da peaxe na AP-53.
A maiores, as emendas do PP volven a recoller que se inclúa unha partida real
para a Variante da Estrada, un proxecto vital para este concello e que leva
paralizado varios anos. Explican que a partida que destinan nos orzamentos para
este proxecto é simbólica, resulta insuficiente para iniciar os trámites e por iso
solicitan que se amplíe a un millón de euros. Din que é unha demanda histórica
para evitar tráfico rodado polo centro da Estrada. “Debe de ser o único concello
que está cortado por unha nacional con tanto tráfico, o que provoca caos na
circulación pero tamén moita inseguridade viaria e numerosos sinistros”, explica
Constenla. Por iso, insiste en que “o importante é que a execución das
infraestruturas aparezan reflectidas nos orzamentos xerais con partidas reais,
porque esa é a única garantía de que as cousas se poden facer, e non aparecen”.


MÁIS DE CEN EMENDAS PARA A PROVINCIA
Os deputados nacionais rexistraron máis de cen emendas da provincia aos
Orzamentos Xerais do Estado para 2023, que ascenden a 331 millóns de euros.
Unhas emendas que son froito do traballo e da colaboración permanente cos
concellos, o que permite “trasladar a Madrid os proxectos e as necesidades reais
da provincia, ante uns orzamentos que teñen grandes carencias para Pontevedra”,
sinala Juan Constenla. Recorda que os orzamentos máis expansivos conxelan as
partidas que destinan para Galicia, “uns orzamentos para esta provincia
desoladores e cun porcentaxe de execución que, neste ano 2022, foi do 28% en
Galicia. Ademais de ter malos orzamentos, non executan”, denuncia.

EMENDAS CONCELLO IMPORTE
Variante da Estrada A Estrada 1M€
Para compensar a sociedades concesionarias de autopistas según
normativa. AUTOPISTA AP-53 Lalín 2M€
Mellora integral da carretera nacional N-640 o seu paso polo concello Lalín 1,2M€de Lalin

Mellora do curso de desgaste da N-525, N-640 e circunvalación exterior que conecta Goias co Polígono Industrial Lalín 2000 Lalín 1M€ Enlace coa AP53 en Lamela (Silleda) dende a N525 Silleda 600.000 €

 

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.