O ciclo “Un cómico na aldea” de distribución cultural polo rural
estradense péchase cun acumulado de 21 actuacións e preto de 1.000
espectadores.

O pasado 24 de setembro botaba a andar na vila a primeira parte do ciclo
de exhibición cultural Un cómico na aldea, ao abeiro dos fondos
NextGenerationEU. Unha iniciativa que pretende dar un impuso á
dunamización da cultura ao longo do territorio coa ampliación e
diversificación cultural nas áreas non urbanas, con cargo ao Plan de
transformación, recuperación e resiliencia aprobado no ano 2021.

Feito un balance parcial desta primeira fase de actuación rematada o 31 de
outubro, o resultado non puido ser máis positivo. No programa
participaron 14 artistas para un total de 21 actuacións e preto de 1.000
espectadores acumulados. Unha media de máis de 40 espectadores por
función que fala, ás claras, do éxito desta iniciativa.
A partir do mes de febreiro, porase en marcha unha segunda rolda de
actuacións por outras 20 parroquias estradenses, cunha programación que
pretende incluír, ademais, un roteiro cinematográfico polo Pazo de Oca e
un roteiro literario polo Berres dos irmáns Valladares, evento que tivo que
suspenderse en outubro por mor da choiva.

Compárteo!

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta