OS FONDOS #NextGenerationEU PERMITEN A DIVERSIFICACIÓN CULTURAL NA ESTRADA CUN
ACUMULADO DE 21 ACTUACIÓNS NO RURAL E PRETO DE 1.000 ESPECTADORES.

O pasado 24 de setembro botaba a andar na vila a primeira parte do ciclo de exhibición
cultural Un cómico na aldea, unha iniciativa impulsada polo departamento de Cultura do
Concello da Estrada ao abeiro dos fondos #NextGenerationEU e o Mecanismo de
recuperación e resilencia do regulamento (UE).
A iniciativa pretende dar un impuso á dinamización da cultura ao longo do territorio coa ampliación e diversificación cultural nas áreas non urbanas, con cargo ao Plan de transformación, recuperación e resiliencia aprobado no ano 2021. Feito un balance parcial
desta primeira fase de actuación rematada o 31 de outubro, o resultado non puido ser máis
positivo. No programa participaron 14 artistas para un total de 21 actuacións e preto de 1.000
espectadores acumulados. Unha media de máis de 40 espectadores por función que fala, ás
claras, do éxito desta iniciativa. A partir do mes de febreiro, porase en marcha unha segunda
rolda de actuacións por outras 20 parroquias estradenses, cunha programación que pretende
incluír, ademais, un roteiro cinematográfico polo Pazo de Oca e un roteiro literario polo Berres
dos irmáns Valladares, evento que tivo que suspenderse en outubro por mor da choiva.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.