¡Quedámonos sen Praza da Feira!

Xoán Reices: «É a constatación dun feito que está á vista dos veciños e veciñas, pero que o goberno municipal do PP segue empeñado en negar, mesmo hai algún concelleiro que se dedica facer gracias nas redes sociais a conta da praza»

«Aínda que o goberno municipal do PP o negue, a Praza da Feira ten un serio problema», explicou o candidato do BNG, Xoán Reices, «denunciámolo desde o principio, alá polo mes de xuño, e reiterámolo, como siga chovendo imos quedar sen praza».

O candidato do BNG indicou que «calquera persoa que pase pola praza nestes días pode ver como moita claridade os regos feitos pola auga da choiva no piso de terra da Praza, arrastrando todo ao seu paso». «Isto non é unha opinión que facemos desde o BNG, é a constatación dun feito que está á vista dos veciños e veciñas, pero que o goberno municipal do PP segue empeñado en negar, mesmo hai algún concelleiro que se dedica facer gracias nas redes sociais a conta da praza».

«Desde o BNG volvemos a insistir en que o alcalde ten que esixirlle unha solución á empresa construtora», afirma Reices», «isto non pode ser o conto da Praza de Abastos, que arrastra deficiencias desde a súa inauguración». «Ou se arranxan os problemas ou quedaremos sen praza», engade.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.