O actor Joan Strader impartirá na vila un taller de “Humor
para torpes”

 

A Escola Municipal de Artes Escénicas (EMAE) saca 10 prazas para o taller de
Humor para torpes, impartido polo actor catalán Joan Strader que terá lugar os días 2
e 3 de decembro, un taller baseado na cración do gag cómico.
Joan Strader foi o fundador da compañía Pez en Raya e de Juancallate. Neste taller,
prioriza o uso da imaxinación, a estupidez e esa constante búsqueda do simple como
ferramenta fundamental para crear unha linguaxe persoal. Un taller onde o absurdo é
o elemento que dispara a creatividade escénica. Ata o momento, o actor levou este
taller por teatros e escolas de localidades como as Rozas, Bilbao, Tarragona,
Durango, León, Tenerife ou Barcelona.
O taller estrutúrase en catro partes: A búsqueda do simple, deconstruír e construír,
creatividade para crear pezas únicas e orixinais e consciencia a través do risco de
atreverse a fracasar.
Comezará o venres día 2 no Museo do Moble e da Madeira de 16.30h a 20.30h,
continuará o sábado no Teatro Principal de 10.30h a 13.30h e rematará a tarde do
sábado cunha exhibición aberta ao público a partir das 20.00h.
O prezo do taller é de 30,00€. Está dirixido, principalmente, a actores, monologuistas
e todas aqueles artistas afeccionados ou profesionais acostumados a medirse co
público. Todos os interesados/as poden dirixirse ao departamento de Cultura do
Concello da Estrada ou chamar ao teléfono 986573601.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.