O RECREO CULTURAL ABRE O SÁBADO 10 O SEU MERCADO DE
NADAL CON MÁIS DE 20 EXPOSITORES

 O evento reserva un programa de actividades paralelas, entre elas
o Concerto de Nadal da Banda Escola Municipal, un contacontos
de Ana Meilán ou danza coreográfica e de salón con Sondodance.
 As súas portas estarán abertas ao público en xeral, de 12.00 a
20.30 horas e con entrada gratuíta, con oferta de churros e
chocolate quente, cafetería e street food
 Os nenos poderán gozar de inchables tematizados durante toda a
xornada ou pintar árbores de Nadal de cartón
 Artesanía e produto local, de novo a tarxeta de visita deste
mercado de proximidade

O Recreo Cultural da Estrada ten xa todo preparado para
a que será a segunda edición do seu Mercado de Nadal, una aposta que a directiva que preside
Iago González Beceiro puxo en marcha o pasado ano, con moi boa acollida de público, no seu
intento por apostar polo produto local, artesán e de proximidade á hora de realizar as
compras propias desta especial época do ano. A cita será o próximo SÁBADO 10 DE
DECEMBRO, nas instalacións desta entidade, que terá as súas portas abertas para recibir ao
público en xeral. Logo de pechar a distribución do espazo, o número de expositores que
secundarán este mercado -o único desta tipoloxía que se celebra na Estrada- supera a vintena.
O Mercado de Nadal, que conta coa colaboración do Concello da Estrada, abrirá o sábado as
súas portas ao público ás 12.00 horas. Aínda que as instalacións estarán operativas dende
primeira hora da mañá, o uso dos salóns reservarase ás labores de montaxe dos postos para
que, ao mediodía, o público poda achegarse para interesarse polos seus artigos e realizar as
súas compras. Unha vez inaugurado, o mercado funcionará de xeito ininterrompido ata as
20.30.

A actividade estará completamente preservada das posibles adversidades meteorolóxicas.
Deste xeito, os máis de 20 postos instalaranse ocupando por completo os dous salóns da
sociedade, configurados nesta ocasión como un espazo aberto e diáfano. A equipa directiva
quixo deseñar unha xornada na que se favoreza a maior afluencia posible, buscando que
todos os produtores, artesáns e comerciantes presentes poidan extraer o maior proveito da
súa asistencia.
Deste xeito, ademais das moitas sorpresas que se reservan os expositores nun escaparte
profundamente inspirado no Nadal, a organización inclúe no cartel una serie de actividades
paralelas que buscan favorecer o entretemento daqueles que se acheguen ata o Recreo
Cultural nesta xornada de portas abertas. Malia que aínda quedan algúns detalles por
incorporar á previsión de actividades, a directiva confirmou que o primeiro dos eventos
culturais que acompañarán a esta convocatoria será o CONCERTO DE NADAL da BANDA
ESCOLA MUNICIPAL, una agrupación dirixida por Santiago Mella García e integrada polos
talentos máis novos que conforman a canteira da Banda Municipal da Estrada. A súa actuación
está programada para as 13.00 horas. Mella García avanzou que o repertorio será variado
aínda que, coma non podía ser doutro xeito, non faltarán temas de Nadal. Os músicos tocarán
para os presentes por espazo aproximado de media hora.
Xa pola tarde, a escritora ANA MEILÁN tomará o relevo. Para a súa visita, o Recreo Cultural
contou coa inestimable colaboración da librería Pintaletras. A recoñecida autora ofrecerá unha
sesión de contacontos ás 17.30 horas -para socios e non socios, seguindo a filosofía do
Mercado de Nadal- e terá ocasión de presentar aos máis pequenos os seus últimos títulos: O
aire do lobo Rigoberto e Oito Patas. Pintaletras puido xa constatar o interese que está
espertando a actividade a través da súa reserva de prazas. Aínda así, o evento estará aberto a
todos os que se acheguen.
Xa ás 19.00 horas chegará a última actividade paralela da man dos bailaríns da escola
SONDODANCE. Ofrecerán un espectáculo de danza coreográfica inspirado no Nadal e unha
exhibición de bailes de salón na que participarán os alumnos máis pequenos do centro, que
veñen amosando o seu grande talento nos recentes campionatos autonómicos.
O apartado gastronómico non se descoidará. No acceso ao Mercado de Nadal haberá durante
todo o día un posto de churros e chocolate quente, para adozar e quentar uns días que se
agardan fríos. Xa no interior, a firma estradense ARGENTINOS porá a disposición de todos os

interesados un servizo de barra de comida estilo street food, con cans quentes con diferentes
salsas que os usuarios poderán pedir ao seu gusto, racións de nachos con queixo fundido e
picante e o seu famoso bocadillo quente pulled pork. Xa para as últimas horas do día, haberá
racións de pizza.
O recinto terá o 10 de decembro un acceso único, reservando a primeira entrada das
instalacións para os expositores, de xeito que o público entre pola zona das piscinas e pistas de
tenis. A entidade xerará máis prazas de estacionamento aproveitando os terreos próximos ás
pistas de pádel. Como non podía ser doutro xeito, o Recreo Cultural estará decorado á altura
dun mercado de Nadal no seu interior, se ben este espírito tamén chegará ao exterior a
través de dous inchables xigantes de motivos propios da época.
De igual xeito, para favorecer que os adultos poidan realizar con tranquilidade as súas compras
e para garantir que a cativada goce tamén do día, no pavillón que alberga as pistas de tenis
cubertas estarán instalados dous XOGOS INCHABLES DE GRAN TAMAÑO E INSPIRACIÓN
NAVIDEÑA que se suman este ano á oferta da firma estradense TIKOLANDIA e que serán de
acceso gratuíto.
De seguido, apórtase unha lista dos expositores que terán un posto no segundo Mercado de
Nadal do Recreo Cultural:
 PINTALETRAS. Esta librería e xoguetería ofrecerá no seu posto unha ampla selección
dos artigos que forman parte do seu catálogo nas instalacións da Rúa Castelao. A
maiores, tamén levará unha escolla de produtos artesáns das firmas DONA
FORMIGHIÑA e ALBOIO.
 LIBRERÍA DURÁN. No seu posto non faltarán as últimas novidades literarias para
lectores de todas as idades, incluíndo algúns títulos navideños que non poden faltar
nun mercado coma este.
 CREA CON ADVA. Dende o obradoiro desta marca de artesanía chegarán moitos
detalles personalizados para estas datas e para outras ocasións especiais.
 AGASALLOS. Con tenda física na Estrada dende hai poucos meses, o seu posto podrá a
disposición dos interesados amplo surtido de regalos personalizados, de fondo
inspiración no Nadal ou lámpadas do máis orixinal.

2

 MULLERES DA ESTRADA. A asociación estradense aproveitará o Mercado de Nadal
para compartir algunhas das súas creacións, froito dos seus obradoiros e, en moitos
casos, empregando materiais reciclados.
 ROBUR WOOD. Xoiería en madeira chea de orixinalidade na que se poderá atopar ese
agasallo especial.
 A ARTESA. Emprazada na Rúa Iryda, esta tenda é toda unha embaixada dos produtos
estradenses. Ofrecerá cestas de Nadal configurados con eles e da súa man estarán
representados produtores da Estrada MEL DE CAÑEDO, MEL DE BREA, SIDRA
PEROJA, SIDRA DE RABIOSA, MELINDRES PELEGRINA, GALLETAS MARUXIO,
CHOURIZOS E LACON DE SAN MARTIÑO, GINEBRA 5HA, MARMELADA DE BIOFRUIT
DE ANCORADOS, OVOS DE VOLTEIRO, MOSTO DE RABIOSA ou ACEITE AS BESADAS
DE CALLOBRE.
 TUPPERWARE. Sobran as presentacións. A coñecida marca desplegará un surtido dos
seus produtos no que non faltará o acento do Nadal.
 A DOS NENOS. Esta zapatería infantil da Rúa Justo Martínez trasladará o seu escaparte
por un día ao Recreo Cultural, ofrecendo zapatos para os pés dos máis cativos de gran
calidade e para todos os gustos.
 EL TOCADOR DE LOS AROMAS Con sede na Rúa Calvo Sotelo, no acceso ás Galerías
2000, a firma ofrece perfumes de equivalencia de alta calidade, produtos de cosmética
natural e aromaterapia, cremas, xabróns e cestas de agasallo, entre outros artigos.
 DOCE. O seu obradoiro está aberto ao público nas céntricas Galerías San Antón.
Chegarán ao Mercado do Nadal coas súas galletas decoradas para a ocasión, tartas,
pan de xamón e unha ampla variedade de doces, moitos deles preparados para
agasallar.
 SUBERINE Complementos e bolsos de cortiza cheos de personalidade. Están
elaborados nun tecido vexetal que marcan a diferencia pola súa alta calidade, deseño
e elegancia.
 ABRACADABRA. Dende este posto, Silvana Esmorís ofrecerá complementos e detalles
para eventos completamente feitos a man.
 CASTELANI ARTE STUDIO. Deseños orixinais creados para días especiais.
 LIBRERÍA LOLIMAY. Emprazada na Avenida de Santiago, estará representada cunha
selección de libros e material escolar, entre outros artigos que garanten acertar co
agasallo.

2

 BY CHORÉN A súa colección de Nadal é irresistible. Polo de agora a súa venda é a
través das redes sociais, así que este mercado será unha ocasión perfecta para gozar
destes artigos únicos en vivo e en directo.
 CORDÓN DE PLATA. A firma achegarase o sábado con todo tipo de manualidades
personalizadas, cun toque e estilo moi orixinal.
 GOLOCHUPS. Neste posto gozarán de xeito especial os máis pequenos. Todo o doce
que un poida imaxinar, servido en creacións orixinais.
 MARÍA DOLORES VICENTE. Esta artesana terá tamén o seu espazo para ofrecer
artigos elaborados co aprezado encaixe de Camariñas.
 ROSA DE CABANAS. A autora non estará presente no mercado cun posto propio, pero
si o estarán os seus calendarios para 2023, un almanaque que é en si mesmo unha
obra de arte (ou varias), xa que recolle a serie de acuarelas Mulleres Imaxinadas, unha
por mes.
 ARLIT Desta volta a firma dezana non terá stand propio no mercado, pero estará
representada a través das súas árbores de Nadal de cartón da campaña
#nocortespinos. Haberá varios deles decorando os salóns e algúns en branco para que
sexan os nenos visitantes os que os decoren
 PURI AREÁN. A fotógrafa, con estudo na Rúa Castelao, cede ao Mercado de Nadal un
dos seus fondos para a realización das fotografías máis especiais desta época. Será nun
photocall instalado nunha zona do mercado para que os propios usuarios tomen as
súas fotografías ou selfies.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.