Despois de dous anos de parón pola pandemia da COVID-19, o Judo Club BASE retoma
o Campionato de Judo Infantil “Concello da Estrada”, será o domigo 5 de Febreiro, a partir de 10
da mañá no pavillón Manuel Coto Ferreiro con horario previsto de remate ás 14:00. Nesta sexta
edición do evento, a máis ambiciosa do club ata o momento, xuntaranse 525 nenas e nenos dun
total de 17 clubes de Galicia e Portugal, ademáis do anfitrión. Desde a provincia de Pontevedra
participarán o Club de Judo Baixo Miño ,(A Guarda), o J.C. Campolongo ,(Pontevedra), o Senra
Vilagarcía, o Judo Club Pontevedra, o Judo Club Senín ,(Cambados), e o organizador, o Judo Club
BASE, (A Estrada). Desde a provincia de Lugo desprazaranse ata A Estrada o J.C Lugokan, o AD
Judo Muralla e o Lvcvs Dojo. Desde a provincia de A Coruña farano o Colexio M. Peleteiro,
(Santiago), O Vilas Alborada, (Santiago), o J.C. Terras de Santiago, o Escola Judo Club, (Vedra),
O Judo Club Hércules (A Coruña), o J.C. Oleiros e o San Francisco, (Teo). Haberá representación
Portuguesa no pavillón Manuel Coto Ferreiro da Estrada, onde os clubes de Judo de Viana do
Castelo e da Ponte de Lima asistirán con varios deportistas a esta cita xa asentada dentro do
calendario de competicións infantís en Galicia. Coma en edición anteriores, haberá, ademáis da
zona de competición, unha zona lúdica con obradoiros e inchables para que @s pequen@s
poidan disfrutar mentras non é a súa quenda de participación.
“Como ven sendo habitual, o Concello e o seu departamento de deportes é o maior
colaborador da organización para poder sacar este proxecto adiante, desde o primeiro ano
colaboraron e puxeron tódolos medios necesarios para que este evento fose un éxito” relata
Xaquín Baldomir, presidente do Judo Club Base. Ademais das institución públicas, o tecido
hostaleiro e empresarial da Estrada tamén está volcado coa celebración deste evento que
apoian e co que colaboran a ACOE, SBC Gasolineras, a asociacion de Hostaleiros da Estrada, o
Bar Oasis, Tiko Doco, as empresas de tempo libre GEO e CPM, a pastelería Mimela, a panadería
Cervela, o restaurante Rio Liñares e o Centro Deportivo Rola.
Ademáis de tódalas colaboración anteriores, este ano, por primeira vez, a cita
Estradense forma parte do calendario da Federación Galega de Judo e conta coa colaboración e
apoio da entidade para a súa celebración. Será a primeira de tres citas que a entidade federativa
ten programadas no Concello para este 2023. O 5 de Marzo realizarase o Campionato Galego
Escolar neste mesmo pavillón, de onde sairán as selección galegas Infantil (Sub15) e Cadete
(Sub18) que representarán a Galicia no Campionato de España Escolar. Xa como guinda final, A
Estrada acollerá unha concentración senior Pre-Mundial, do 2 ao 6 de Abril, onde estarán os
mellores judokas do Estado preparándose para o campionato do mundo, e onde participarán
tamén as selección galegas.
“Desde o Judo Club BASE estamos moi contentos co salto de calidade que da o noso
deporte dentro do Municipio: Poder retomar este campionato e facelo dentro do marco do
calendario da Federación producenos unha alegría inmensa. A acollida está sendo fantástica e
cada ano temos mais apoios e máis visibilidade”
VI CAMPIONATO DE JUDO INFANTIL CONCELLO DA ESTRADA
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.