Diego Calvo aposta por fortalecer as relacións entre Galicia e as rexións celtas de Bretaña, Escocia, Gales e Irlanda
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe por videoconferencia nunha reunión co presidente da rexión de Bretaña, Loïg Chesnais-Girard, e con representantes de Irlanda, Escocia e Gales, para abordar posibles vías de colaboración de Galicia con estes territorios que comparten historia, cultura e tradicións. No encontro, no que tamén participou o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, abordouse o debate e intercambio de políticas a prol da creación de novos vínculos.