Mañá venres, a agrupación musical IGLOO presentará o seu novo disco
no Teatro Principal da Estrada

Non sempre o Teatro Principal da Estrada pode gabarse de albergar a presentación dun
traballo discográfico. Mañá venres, a banda galega IGLOO, integrada por Beni Ferreiro,
Juanma Fernández, Alberto Torres e Julián Rodríguez, publica o seu novo álbum “Planes
para días grises”, producido polo compositor e productor de Vetusta Morla, Juanma
Latorre.
Case vinte anos de traxectoria e sete traballos discográficos avalan esta banda,
plenamente consolidada na escena musical galega e española, levando a súa música
por festivais como o Portamérica, o Primavera Sound, o Festival de la Luz, O Son do
Camiño ou o Sonorama Ribera, entre outros moitos.
O currículo da banda complétase con varios recoñecementos como o Premio del Público
a los 33 de UFI (actuales MIN), gañadores do certame de Myspace para telonear a Franz
Ferdinand, premio ao mellor directo Maketón 40 Principales, gañadores do Mestre Mateo
na categoría de videoclips e do Premio do Público do Festival de Cans con Restos de un
naufragio (IDo Visual).
No concerto de mañá, no Teatro Principal, tocarán as 11 cancións do seu novo traballo
discográfico, ao tempo que farán un repaso polos mellores temas da súa discografía. As
entradas poderán retirarse no despacho de billetes do teatro a partir das 20.30h, e tamén
nos puntos de venda establecidos en Cuntis (Chelsea Cafetería e ene-A fotógrafos) e en
Caldas de Reis (Cafetería Pousada Real). O prezo da entrada é de 5,00€,

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.