A Estrada será a capital do voleibolautonómico acollendo as finais dosCampionatos Galegos de voleibol

 O pavillón Manuel Coto Ferreiro acollerá a resolución da competición
durante as fins de semana do 29 e 30 de abril e o sábado 6 de maio.
 Ao redor de 300 participantes farán da Estrada a capital do voleibol
autonómico.

O Concello da Estrada converterase no epicentro do
voleibol autonómico ao albergar as Finais dos Campionatos Galegos de Voleibol, tanto
nesta fin de semana, días 29 e 30 de abril, como o sábado 6 de maio.
A Sala de Xuntas do concello acolleu hoxe a presentación das Finais dos
Campionatos Galegos de Voleibol, nun acto no que participou o alcalde, José López, o
deputado provincial, Manuel González Martínez e o presidente da Federación Galega
de Voleibol, José Ángel Luna.
Durante a súa intervención, o rexedor estradense mostrouse agradecido coa
Federación pola súa aposta para que A Estrada acolla un novo evento deportivo que
sitúe o municipio como “un dos principais núcleos do deporte autonómico”. Pola súa
parte, González Martinez, fixo fincapé na importancia da cooperación institucional para
levar a cabo este tipo de iniciativas e a importancia “de promocionar o deporte para
promocionar tamén deste xeito a provincia e neste caso concreto o Concello da
Estrada”, sinalou o deputado.
O presidente da Federación Galega de Voleibol, José Ángel Luna, avanzou a
programación da competición e agradeceu “a estreita liña de colaboración que o ente
leva mantendo co Concello desde hai anos”. Ademais, tamén fixo un convite á
veciñanza da Estrada “a achegarse a gozar dun evento que congregará na Estrada ao
mellor do voleibol galego”.
En total, a redor de 300 persoas participantes daranse cita ao longo destas fins de
semana, e a previsión e que a asistencia se sitúe en torno ao milleiro de persoas para
asistir aos encontros programados nas categorías infantil, xuvenil, junior, cadete e
senior nas modalidades feminina e masculina.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.