José López Campos traballará para converter o velloambulatorio nun Centro Integral Socio-Asistencial

o Considera “inadmisible” que o Goberno central “prefira ter o edificio
deteriorándose que alcanzar un acordo co Concello da Estrada” e proponse para
o novo mandato “buscar a fórmula para lograr a cesión da súa titularidade”
o O candidato popular anticipa que o CISA albergará a Casa das Persoas Maiores,
reforzará o Centro de Atención Temperá e acollerá a sede do Banco de Alimentos
e unha Área de estimulación cognitiva, entre outras servizos sociais

O candidato do Partido Popular á Alcaldía da
Estrada avanzou hoxe outro dos puntos relevantes do programa para as Eleccións
Municipais do 28 de maio: a consecución da titularidade do antiguo ambulatorio
para convertelo nun Centro Integral Socio-Asistencial (CISA) que dea cabida a unha
parte importante dos servizos sociais municipais.
José López considera que, “aínda que o edificio precisa unha reforma profunda”, o
inmoble do antiguo centro de saúde é “o lugar idóneo para aglutinar espazos e
servizos fundamentalmente vinculados á atención ás persoas maiores, pero tamén
relacionados con outras prestación socioasistenciais”. Entre eles, apuntou a
intención do PP de integrar a futura Casa das Persoas Maiores, unha Área de
Estimulación Cognitiva, a sede do Banco de Alimentos e reforzar outros servizos
socioasistenciais, como por exemplo o Centro de Atención Temperá.
Ademais, José López considera que “a posta en marcha deste proxecto aportaría un
gran valor engadido na contorna do antiguo ambulatorio, xa que contribuiría a
darlle vida e dinamizar economicamente os negocios existentes nesa zona,
recuperando grande parte da actividade que tiñan cando funcionaba o centro de
saúde”.
O candidato popular sinala que o primeiro paso deste proxecto será “buscar a
fórmula para lograr do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións a
cesión da titularidade do inmoble e da parcela”, que “incomprensiblemente semella
que prefire ter o edificio deteriorándose que alcanzar un acordo co Concello da
Estrada”. López considera que “esa postura é ilóxica e inadmisible” e augura que “o
ministerio non poderá argumentar durante moito tempo por que prefire ter un
edificio morto e caendo que poñelo ao servizo da cidadanía”.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.