Olaia Maneiro dará o pistoletazo desaída ás festas de San Paio que secelebrarán do 23 ao 27 de xuño

 A vocalista da agrupación Tanxugueiras, Olaia Maneiro, será a
encargada da lectura do pregón nas festas patronais.
 O Concello dará a coñecer a programación completa o vindeiro xoves,
día 4 de maio.

 

Olaia Maneiro, integrante da popular formación
musical ‘Tanxugueiras’ será a pregoeira das festas de San Paio da Estrada que
se desenvolverán desde o venres 23 de xuño ata o martes 27 de xuño.
A vocalista galega foi elixida segundo sinalan desde a organización “pola súa
implicación coa cultura galega e coa nosa lingua, sendo un exemplo para os
máis novos e novas”. “O papel que desenvolven tanto Olaia, como
Tanxugueiras por preservar o noso patrimonio musical e cultural fan que sexa
unha honra poder contar con ela para un acto tan sinalado como a lectura do
pregón”, sinalan.
Deste xeito, dáselle continuidade á liña establecida nos últimos anos de que a
persoa encargada da lectura do pregón manteña unha relación co municipio,
ben sexa por ter nacido nel ou por ser residente, tal como sucede no caso da
vocalista, veciña dende hai uns anos da parroquia de Cereixo.

Presentación da programación
O Concello da Estrada anunciou que este xoves, día 4 de maio, dará a coñecer
a programación completa dos festexos, dos cales adiantan que incluirán un
amplo ábaco de propostas de diversa índole para todo tipo de públicos e de
idades.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.