A Estrada reafirma a súa posicióncomo a capital da sidra galega

A Festa da Sidra da Estrada congregou hoxe
na praza do Concello a centos de persoas para gozar dun dos produtos máis
populares da gastronomía estradense.
Nesta décima edición contouse por vez primeira con representantes de todas
as comunidades autónomas con produción desta bebida, ademais da presenza
de produtores de países europeos como Francia ou Portugal.
A organización estima que ao longo da xornada foron despachadas sobre
5.000 botellas de sidra nos 21 postos que integraron a presente edición do
evento. Ademais, na carpa dispúxose tamén dunha zona de bebidas sen
alcohol feitas a partir de mazá subministradas todas elas a cargo de produtores
estradenses.
Outro dos grandes atractivos foi a zona de petiscos habilitada que contou con
24 propostas culinarias por conta de 7 restaurantes locais. Nesta mesma área
tamén se dispuxo de dous postos de coctelería que incluíron degustacións de
combinados como xenebra e outras bebidas espirituosas infusionadas con
mazá.
A maiores, a música de Galifunk e Xurxo Fernandes foi a responsable de
amenizar unha xornada na que tamén se puido gozar dun mercado de
artesanía.
Desde o goberno local sinalan a súa satisfacción “por poder colaborar en
xornadas como a X Festa da Sidra para que A Estrada se consolide como o
punto neurálxico da produción sidreira en Galicia” e fan fincapé “na importancia
de seguir promovendo iniciativas para ofrecerlle ao tecido produtivo local un
escaparate no que promocionar a sidra estradense”.

GALERÍA:

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.