A Sala de Xuntas do Concello da Estrada acolleu esta tarde a presentación da AE League Soccer que terá lugar no Coto Ferreiro desde o 12 ata o 30 de xuño.

A  AE League Soccer é unha asociación deportiva creada por 4 mozos de 16 e 17 anos que decidiron emprender no mundo deportivo e crear unha liga xuvenil mixta de fútbol sala na Estrada, implementando unha nova normativa. 

 
Esta primeira edición da liga pretende que todos os mozos teñan un pasatempo durante o mes de xuño, xa sexan espectadores ou xogadores. A competición conta con 176 xogadores e 16 equipos repartidos en 4 grupos de 4 equipos nos que os dous primeiros clasificados loitarán para clasificarse ás eliminatorias. 

Os encontros serán retransmitidos a través da plataforma Twitch.
Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada inicia hoxe ospreparativos do San Paio coainstalación do alumeado festivo

 Ademais, a partir das 17.00 horas do vindeiro mércores iniciarase a
instalación das atraccións, que darán servizo entre os días 17 e 28
de xuño.
 Para garantir a seguridade, o Concello contratou unha empresa
para a realización dunha inspección técnica para avaliar a correcta
montaxe e funcionamento das atraccións.

O Concello da Estrada inicia hoxe os
preparativos para as festas patronais de San Paio coa instalación da
iluminación que engalanará as rúas estradenses ao longo dos festexos, que
terán lugar desde o 23 ata o 27 de xuño.
Durante a xornada de hoxe iniciouse a colocación dos diferentes elementos de
iluminación, os cales serán acendidos o vindeiro 23 de xuño, día de inicio das
festas.
Ademais, o mércores 14 de xuño dará comezo a instalación das atraccións no
campo da feira. Polo tanto, coa finalidade de non interferir coa actividade
comercial, ao celebrarse a feira semanal en dita data, os traballos darán
comezo a partir das 17.00 horas dese mesmo día, e prolongaranse durante
toda a xornada do día seguinte, xoves 15 de xuño.
Ante esta situación, os mércores 21 e 28 de xuño a feira trasladarase ao
párking da rúa Iryda e á rúa Ponteareas.
Co propósito de ofrecer as maiores condicións de seguridade posibles, o
Concello contratou os servizos dunha empresa especializada para realizar
unha inspección técnica coa que garantir a correcta montura e funcionamento
das atraccións.
As atraccións darán servizo desde o día 17 ata o 22 en horario de 18.00 a
22.00 horas, durante as festas o horario prolongarase desde as 18.00 ata as
03.00 horas e o día do neno, 28 de xuño, estarán dispoñibles de 18.00 ata as
22.00.
Deste xeito, dase comezo aos preparativos dunhas festas nas que A Estrada
contará coas actuacións de agrupacións de referencia no panorama
internacional como Tanxugueiras e Carlos Baute, e con orquestras punteiras

como París de Noia ou Combo Dominicano, ademais dunha ampla variedade
de propostas culturais e deportivas para todos os públicos.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Festa das Palabras pon en valoro emprego do galego entre amocidade estradense

 A xornada, promovida polo Concello e Dinamizastrada, é a
coroación ao concurso literario levado a cabo ao longo de varios
meses para promover o emprego do galego.

O Teatro Principal da Estrada converteuse na
tarde de hoxe no epicentro da literatura local coa conmemoración da décima
edición da Festa das Palabras.
O acto estivo presentado por alumnado do IES nº1 da Estrada, e nel fíxose
entrega as 62 persoas que resultaron premiadas nos concursos de
microrrelatos e micropoemas.
O acto, ao igual que os certames, tivo por finalidade promover o emprego do
galego como elemento vehicular entre o público máis novo e a comunidade
educativa. O fío condutor da presente edición foi a creación de pezas que
contiveran as palabras ‘camiño’ e ‘espello’, dous termos presentes nos títulos
das obras de Francisco Fernández del Riego, autor recentemente
homenaxeado nas Letras Galegas deste 2023.
O acto central da xornada foi a entrega dos premios aos 62 gañadores, os
cales recibiron exemplares, que recompilamos 62 escritos presentados,
ademais de 14 ilustración feitas por nenos e nenas de Educación Infantil, e
cunha portada deseñada por Rosa de Cabanas e un prólogo da escritora Charo
Golmar, madriña da edición.
A música de proxecto Valladares harmonizou un serán no que a madriña,
Charo Goldar, puxo en valor “o enorme traballo desenvolto tanto pola
organización como polos rapaces e rapazas, cuxo traballo puxo en valor o
emprego da nosa lingua e permitiu crear unha obra única”.

GALERÍA: 

Publicado en Portada | Deja un comentario

O mellor bádminton baseautonómico darase cita este sábado na Estrada

 O pavillón Manuel Coto Ferreiro acollerá desde as 10.00 horas o
campionato galego de bádminton sub 11 e sub 19.
 O edil de deportes, Ismael Pena, presentou hoxe a proba
acompañado por Jesús Pereiro, presidente do Club Badminton A
Estrada e Patricia Iglesias, membra da xunta directiva.

A Estrada reafirma a súa posición como un
dos epicentros do deporte galego acollendo este sábado o campionato galego
sub-11 e sub-19 de bádminton.
A cita desenvolverase desde as 10:00 horas da mañá no pavillón Manuel Coto
Ferreiro e nela, 81 deportistas daranse cita no que será un dos grandes
eventos do bádminton base autonómico.
Esta mañá tivo lugar a presentación da proba, nun acto no que participaron o
edil de Deportes, Ismael Pena, xunto con Jesús Pereiro, presidente do Club
Bádminton A Estrada e Patricia Iglesias, integrante da xunta directiva desta
entidade.
As probas desenvolveranse nas categorías feminina, masculina e mixta,
disputándose un total de 5 títulos en cada unha das categorías, sub-11 e sub-
19, con premiacións para os vencedores nas modalidades individuais, dobres e
mixtos.
O bádminton estradense estará representado a través de 5 deportistas locais
que aspirarán a 4 títulos, todos eles en categoría sub-19.
Durante a súa intervención, o responsable de Deportes indicou a “importancia
de albergar este tipo de eventos para poñer en valor o bo traballo feito nas
categorías base e deste xeito darlle visibilidade a un deporte que conta cun
gran número de adeptos”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O club Sincro Burbullas da Estrada realizará unha exhibiciónde natación artística o día 18 de xuño

 A cita terá lugar na piscina climatizada a partir das 20.00 horas con
entrada de balde para o público.

A piscina climatizada da Estrada acollerá o
domingo 18 de xuño unha exhibición de natación artística por conta do club
Sincro Burbullas.
A xornada desenvolverase desde as 20.00 horas e será de portas abertas para
toda a xente que desexe achegarse a gozar da mesma.
O club Sincro Burbullas leva 17 anos traballando esta disciplina e na
actualidade conta con preto de 40 fichas federadas repartidas en catro
categorías; alevíns, benxamíns; junior e un equipo máster integrado por 10
membros que son as actuais campioas galegas de natación sincronizada.
Na xornada programada para o 18, o público estradense poderá gozar da
exhibición e recoñecer o mérito dun club referente a nivel autonómico no eido
desta modalidade.

Publicado en Portada | Deja un comentario

BNG denuncia a grave situación do Ulla

Desde hai días o Ulla baixa coas augas moi turbias, unha cor que non presaxia nada bo para a fauna da ribeira do río. No cremo que a situación alarmante do río débese aos grandes movementos de terra que se están a realizar nas marxes do río, vinculadas ás grandes plantación vitivinícolas, mais non só, que coas tormentas primaverais están arrastrando lodo para os ríos e regatos, chegando ao Ulla. Isto non é bo para a fauna da ribeira.

Desde o BNG instamos ao goberno municipal en funcións a moverse e a denunciar estes feitos ante as autoridades competentes para posteriormente tomar medidas para evitar que se dean estes graves feitos que afectan a todos os ríos, pero especialmente ao Ulla, o que afectará tamén aos bancos marisqueiros da desembocadura na ría de Arousa.

Nos últimos anos este tipo de situacións é habitual e non podemos consideramos normais, xa que cremos que afectan gravemente o noso ecosistema.
 
Xoán Reices
Portavoz municipal do BNG.
Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada reafirma a súa posicióncomo a capital da sidra galega

A Festa da Sidra da Estrada congregou hoxe
na praza do Concello a centos de persoas para gozar dun dos produtos máis
populares da gastronomía estradense.
Nesta décima edición contouse por vez primeira con representantes de todas
as comunidades autónomas con produción desta bebida, ademais da presenza
de produtores de países europeos como Francia ou Portugal.
A organización estima que ao longo da xornada foron despachadas sobre
5.000 botellas de sidra nos 21 postos que integraron a presente edición do
evento. Ademais, na carpa dispúxose tamén dunha zona de bebidas sen
alcohol feitas a partir de mazá subministradas todas elas a cargo de produtores
estradenses.
Outro dos grandes atractivos foi a zona de petiscos habilitada que contou con
24 propostas culinarias por conta de 7 restaurantes locais. Nesta mesma área
tamén se dispuxo de dous postos de coctelería que incluíron degustacións de
combinados como xenebra e outras bebidas espirituosas infusionadas con
mazá.
A maiores, a música de Galifunk e Xurxo Fernandes foi a responsable de
amenizar unha xornada na que tamén se puido gozar dun mercado de
artesanía.
Desde o goberno local sinalan a súa satisfacción “por poder colaborar en
xornadas como a X Festa da Sidra para que A Estrada se consolide como o
punto neurálxico da produción sidreira en Galicia” e fan fincapé “na importancia
de seguir promovendo iniciativas para ofrecerlle ao tecido produtivo local un
escaparate no que promocionar a sidra estradense”.

GALERÍA:

Publicado en Portada | Deja un comentario