A Fervenza de Ouzande fixo entrega dunha manta realizada por mulleres da asociación á ONG Implicadas no desenvolvemento

No ano 2014 un grupo de 15 mulleres participaba nun curso de tecer, ganchillo, tear e trapillo organizado pola Fervenza de Ouzande. Tres meses despois, xa a primeiros de 2015, estas mulleres e algunhas máis decidiron continuar a xuntarse todos os martes ás 8 da tarde no Local Social de Ouzande, para seguir facendo traballos de tecido todas xuntas, intercambiando […]

A Asociación Cultural Vagalumes rectificou o letreiro de "Capitán Bernal" por "Mártires da Estrada"

Aínda que había máis dunha década que se tiña aprobado en pleno a retirada do nome de Capitán Bernal, que se tiñan presentado escritos e mocións ao respecto da execución deste acordo plenario unánime, o certo é que se conservaba o rótulo eliminado e se mantiña o mesmo nome como referencia desta rúa a todos os efectos. Por outra […]

A Asociación Vagalumes cambiará o letreiro da rúa "Capitán Bernal" por "Mártires da Estrada" este domingo

Mañá Domingo, 5 de xuño, é o día dos mártires da Estrada en conmemoración polo fusilamento do alcalde e demais membros da corporación e veciños caídos ese día. E con este motivo desde a Asociación Cultural “Vagalumes” imos proceder a corrección do letreiro da rúa Capitán Bernal, o cal a pesares de terse acordado en pleno municipal retirar, aínda hoxe segue […]

Hoxe preséntase o libro – dvd "Peregrinaxes, viaxando con Manuel María"

Dentro das actividades do mes das letras galegas a Asociación Cultural “Vagalumes” da Estrada continúa coa súa homenaxe ao escritor a quen se lle dedica este ano esta conmemoración. O venres 27 preséntase o libro-dvd “Peregrinaxes, viaxando con Manuel María” coa proxección deste vídeo e o realizado durante o acto que tivo lugar o 7 de maio pola nosa […]

Tequexetéldere presenta o dossier de prensa que recollen os seus 25 anos de historia na prensa

Grazas aos xornais Faro de Vigo e La Voz de Galicia, recuperamos gran parte da nosa historia escrita dende a prensa local. Neste dossier composto por tres tomos e máis de 500 páxinas hai novas de prensa local, nacional e internacional, que falan dende o punto de vista dos xornalistas as actuacións, actividades e viaxes desta agrupación. Dende […]