Quen somos?

Bos días, tardes, noites. Lanzamos esta páxina coa finalidade de achegar a tódolos estradenses o que acontece no noso concello. Como é ben sabido por todos, A Estrada, ademais do pobo, está composta por un gran número de parroquias, nas cales, se realizan moitas actividades de interese, dende aquí pretendemos ser unha ventá para tódolos colectivos e asociacións que enriquecen cultural e socialmente ó noso concello.

Todo esto sen esquecernos das novas que suceden día a día e que trataremos de trasmitirlles coa maior cobertura e rigor posible. Tamén se inclúen seccións que consideramos útiles para os estradenses, como son a de emprego, compravenda ou demandas.

Esperamos lle resulten interesantes o igual que os demais contidos da páxina.

Nota importante: Nesta páxina contamos coa súa participación e opinión en tódalas seccións. Sen embargo, non se permiten insultos nin descalificacións a ningunha persoa nin colectivo. Por iso, todo o que nos sexa enviado será revisado antes da súa publicación, o que pode demorar uns minutos ou incluso algunha hora. Pretendemos facilitar a libre expresión e que os contidos sexan aptos para tódolos públicos.

Sen máis, darlles a benvida, desexando que o noso traballo lles resulte de proveito.

Un saúdo

Contacto: info@aestradanarede.net, 673853189

Dirección: Patricia Figueiras

Deja un comentario