A Estrada no salón turístico Turexpo

IMG_8423Na mañá de hoxe inaugurouse en Silleda o III Salón Turístico de Galicia «Turexpo» polo Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, acompañado da directora da Axencia de Turismo de Galicia, Mª Nava Castro, da Alcaldesa de Silleda, Paula Fernández e do director da Fundación Semana Verde de Galicia, Pedro Corbacho entre outras autoridades.

IMG_8309

A Estrada conta con un stand no que se presentan algúns dos atractivos do concello, unha pequena exposición de fotos da Rapa das Bestas, o traxe tradicional dos Xenerais do Ulla, folletos turísticos e unha pantalla na que se pode ver o novo vídeo promocional da Estrada entre outros.

O certame, sito no recinto Feira Internacional de Galicia, está dirixido tanto a profesionais, nas dúas primeiras xornadas, como a público en xeral, na xornada dominical. Terán lugar actividades de turismo activo, degustacións, sorteos, presentacións, xornadas sobre Search Marketing, uso de novas tecnoloxías no sector e innovación empresarial e turística en tempos de crise.

Fotografía e Redacción: Iria Eiras

 

Esta entrada fue publicada en Portada, Turismo. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta