O pasado venres a Santa Compaña recorreu as rúas da Estrada en busca de novas ánimas

IMG_0033

Sobre 100 ánimas en pena partiron dende a praza da feira precedidas por fachos de luz e tambores, pola rúa Ulla, Calvo Sotelo e Serafín Pazo, rematando a súa procesión na Praza da Constitución onde os esperaba como mestre de cerimonias desta edición de Panic, Manuel Manquiña.

Xa na Praza da Constitución, o Estadea Maior, Manquiña coa axuda de varias das ánimas buscaron entre o público un mortal para acompañalos nesta marcha.

Continuaron có espectáculo desta III Edición de Panic presentado por Fran Campos, Manolo Do Atlético, cun monólogo acorde coa ocasión, e sendas coreografías do ximnasio Absolute e da escola de baile SondoDance.

Para finalizar as actividades da rúa celebrouse por primeira vez o concurso da Raiña do Berro no que resultou gañadora, Karina Montoto Siyolorova. O xurado estivo formado por os actores Manuel Manquiña e Chelo do Rejo e o Concelleiro de Cultura Juan Constenla.

Redacción e fotografía: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Cultura, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta