María Martínez Otero, distinguida có Premio Honorífico ao Labor das Mulleres da Estrada

Esta noite ás 20:30 horas o Museo do Moble e da Madeira acollerá á entrega do Premio Honorífico ao Labor das Mulleres da Estrada, que nesta segunda edición recaeu a título póstumo na empresaria estradense María Martínez Otero. O acto contará coa presenza do alcalde da Estrada, José López Campos, e con familiares da distinguida. Asimesmo, haberá varias actuacións musicais a cargo de estudantes do Conservatorio da Estrada.

• O xurado valorou o seu traballo para poñer en marcha unha empresa pioneira, xeneradora de emprego e que leva polo mundo o nome da Estrada mentres educaba aos seus fillos.

A empresaria estradense María Martínez Otero (Callobre, 1905-2000) será distinguida, a título póstumo, co Premio Honorífico ao Labor das Mulleres do Concello da Estrada, segundo decidiu o xurado da segunda edición deste galardón ben entrada a noite do venres. Deste xeito, María Martínez toma o testemuño de María del Carmen Zamar, tamén empresaria, do sector da panadería, que gañou este galardón na súa primeira edición.

O xurado do certame, que pretende consolidarse como un referente para recoñecer o labor fundamental das mulleres no desenvolvemento económico e social do concello estradense, estivo presidido pola concelleira de Benestar Social e Igualdade, Amalia Goldar, e contou coa presenza de representantes de todos os grupos municipais, do Centro de Información á Muller (CIM) e do tecido asociativo do municipio.

Este tribunal decidíu a concesión do premio nesta segunda edición, entre as oito candidatas presentadas, a prol de María Martínez Otero “por poñer os alicerces dunha gran empresa, pioneira, xeneradora de emprego no concello e que traballa no ámbito internacional levando por todo o mundo o nome da Estrada”. O xurado tamén valorou “o esforzo e a dificultade da época” na que esta empresaria estradense “botou a andar unha carpintería modesta en Callobre ao tempo que sacaba adiante e educaba aos seus fillos”. “Todos estabamos de acordo en que María Martínez ten moitos recoñecementos como empresaria, pero lle faltaba unha distinción polo seu bofacer como persoa e como muller», sinalou malia Goldar.

A entrega do premio terá lugar hoxe, ás 20.30 horas, nun acto aberto a toda a cidadanía no Museo do Moble e da Madeira da Estrada (MOME). O evento, que estará conducido pola presentadora estradense da TVG Marga Pazos, contará coa presenza do alcalde da Estrada, José López Campos, de membros da corporación municipal e de familiares de María Martinez, que serán os encargados de recoller o premio no seu nome. Ademais, estudantes do Conservatorio de Música da Estrada, coordenados polo seu director, Xavier Comesaña, serán os encargados de amenizar o acto coas súas interpretacións.

Muller loitadora María Martínez sempre foi unha muller moi loitadora, especialmente dende que enviudou ao pouco de pasar os trinta anos. Deste xeito, e mentres educaba aos seus fillos, puxo en marcha un pequeno taller de carpintería na súa casa natal de Pousada,
na parroquia de Callobre. A modesta empresa foi medrando polo esforzo e a boa calidade e deseño do produto. Xa en 1967, trasladouse a unha nave de 1.800 metros cadrados situada á saída da Estrada cara Pontevedra onde seguiu medrando ata converterse nunha referenza internacional do sector do mobiliario.

Esta entrada fue publicada en Cultura, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta