Este venres tivo lugar o primeiro encontro do Proceso Adiante para refundar o BNG

logo bngNa Estrada están previstos tres encontros abertos

O BNG organiza na Estrada tres encontros abertos no marco do Proceso Adiante para reactivar, reactualizar, reforzar e relanzar o proxecto nacionalista, segundo o aprobado na XV asemblea nacional que celebrou esta organización o pasado mes de febreiro.

Este proceso de debate, cuxa primeira fase se desenvolverá durante este mes de abril, o BNG da Estrada escoitará a militantes e simpatizantes, que comparten a necesidade de que exista na Galiza unha expresión política propia nacionalista. Ademais será unha oportunidade para demostrar -unha vez máis- que o BNG non ten parangón en termos de pluralidade de ideas, debate interno, asemblearismo e funcionamento democrático.

Así, o BNG da Estrada organizará tres encontros abertos o primeiro celebrouse este venres 15 (21h), e os outros dous están previstos para o sábado 23 (18h) e venres (21h), no primeiro fíxose unha “radiografía da Galiza de hoxe”, no seguinte debaterase sobre “a estratexia política do nacionalismo galego” e no último encontro versará sobre “participación política e modelo organizativo”.

O Proceso Adiante caracterizarse por ser un proceso participativo e aberto, cuxas decisións se tomarán por consenso. Serán tamén un proceso que se iniciará nas bases, e serán estas as que decidan finalmente que é o que quere ser o BNG dos vindeiros anos.

BNG de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta