O Concello comezará a partir do luns a construción dun parque canino

O Concello da Estrada comezará a partir do luns a construción dun parque canino de 800 metros cadrados nas inmediacións da Baiuca, segundo informou hoxe o alcalde, José López Campos.

O Concello conta nesa zona cun espazo destinado a zonas verdes de 800 metros cadrados que se destinarán á construción dun parque canino nun entorno próximo ao casco urbano, con aparcamento suficiente e lonxe de zonas residenciais. Un espazo amplo pero pechado para garantir a seguridade dos cans e a tranquilidade dos seus donos, que os poderán soltar sen perigo dentro do recinto.

O Concello coordinarase co obradoiro de emprego para introducir elementos de xardinaría e levar a cabo a obra. Xuntos comezarán a traballar no proxecto a partir da vindeira semana, cando se comezará a levantar o peche perimetral do parque. Ademais, incluiranse elementos de axilidade e recreo para as mascotas, auga para que os can poidan beber, luz e mobiliario urbano, como bancos e papeleiras.

López fixo fincapé na idea de que este espazo non será un espazo ao que levar ás mascotas a facer as súas necesidades, senón un lugar que manter limpo onde os cans poidan desfrutar de estar soltos gracias a unha actuación que suporá un investimento aproximado de 20.000 euros.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta