O SERGAS recomenda aos veciños e veciñas diabéticas tirar no lixo as agullas da insulina Xosé Magariños: “o PP xoga á ruleta rusa cos veciños e veciñas da Estrada e iso é inadmisíbel”

 O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, alerta de que “o SERGAS deixa ás persoas diabéticas do noso concello sen contedores onde deixar as agullas coas que se inxecta a insulina”. Segundo explicou o concelleiro nacionalista “hai algúns meses o centro de saúde daba eses recipientes aos doentes para introducir as agullas que eran posteriormente xestionadas de xeito seguro”. “Sen embargo”, engadiu Magariños, “as indicacións que reciben agora mesmo do centro de saúde é que as tiren no lixo, unhas instrucións que segundo puidemos saber veñen de máis arriba, veñen directamente da consellaría de sanidade”.
“Para o BNG é un disparate que o SERGAS recomende tirar ao lixo unhas agullas, que aínda que son pequenas, poden ter restos orgánicos, que nalgún caso poden causar infeccións ou enfermidades ás persoas que manipulan ese lixo, sexan do concello ou de SOGAMA”, afirmou Magariños. “Xa o dixemos e moitas ocasións, os recortes do PP matan”, engadiu o concelleiro do BNG, “o PP xoga á ruleta rusa cos veciños e veciñas da Estrada e iso é inadmisíbel”.
O concelleiro nacionalista insta ao alcalde “a pedir explicacións ao SERGAS por este grave atentando á vida das persoas polo perigo que haxa agullas con restos orgánicos tiradas ao lixo”. “Ademais”, engadiu Magariños, “o alcalde ten que esixir ao SERGAS que se volva á situación anterior, isto é, que se proporcionen os contedores para poder tratalas convenientemente estes dispositivos”.
“En todo caso”, explicou o concelleiro do BNG, “pola nosa parte tamén rexistraremos unha serie de preguntas no Parlamento Galego para aclarar esta situación que consideramos inadmisíbel.”
— 
BNG da Estrada

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta