Ábrese o prazo para presentar candidaturas para o espazo vacante do Viveiro de Empresas

Atópase aberto o prazo de presentación de candidaturas para o Viveiro de Empresas do Concello da Estrada despois de que unha das empresas esgotase o tempo máximo de estancia nas instalacións. As empresas de nova creación que o desexen poderán optar a ocupar este espazo vacante sempre que reúnan unha serie de condicións.

Serán admitidas ao proceso selectivo as empresas en proxecto de constitución, sempre que se consoliden nun período inferior ao cumprimento de tres meses de estancia; empresas novas que comecen no viveiro a súa actividade ou empresas recentemente constituídas, cunha antigüidade máxima de dous anos. Tamén asociacións, federacións, clusters e outras entidades de base asociativa empresarial.

Será necesario cubrir unha instancia xeral de solicitude para optar á adxudicación do posto, que se poderá efectuar no Rexistro ou a través da Sede Electrónica da páxina web do Concello. As bases da convocatoria están dispoñibles no portal de emprego do Concello e na mencionada páxina web. O contrato inicial para as empresas que superen o proceso seleccionador realizarase por un período de 24 meses, prorrogable durante 12 meses máis ao acabar ese primeiro ciclo. A cota que asumirán os seleccionados será de 50 euros mensuais, que a converten na opción coas taxas máis baixas da contorna, e inclúe telefonía, Internet, luz, mantemento, limpeza e calefacción

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta