Susana Camba critica o lamentábel estado no que se atopa o Xirimbao

A portavoz municipal do BNG, Susana Camba, recibiu queixas dos veciños e veciñas de Couso polo lamentábel estado no que se atopa o Xirimbao, a entrada a emblemática á ponte colgante desta parroquia.

Segundo explicou a concelleira nacionalista “a ponte colgante de Couso, que é unha referencia obrigada para calquera visitante do noso concello está a monte, literalmente. En plena tempada de visitas ao Xirimbao, o concello da Estrada recibe os turistas con herbas até o pescozo e todo tipo de maleza e árbores invasoras que case ocultan por completo a ponte”. 

Susana Camba explicou que “o PP nunca demostrou a máis mínima sensibilidade pola nosa riqueza natural e paisaxística, e o Xirimbao é unha mostra da potencialidade que ten o noso concello, mais o partido de López son máis de cemento branco”.

A concelleira do BNG explicou “que para destacar a beleza deste lugar non fan falla moitos cartos, é cuestión de vontade política, é un mínimo de sensibilidade polo noso”. “De feito”, engadiu Susana Camba, “no BNG cónstanos que tería total colaboración dos veciños e veciñas de Couso para que o concello tomase a iniciativa para deixar minimamente presentable a entrada á ponte colgante”.

“Insto ao novo goberno municipal”, indicou Susana Camba, “a rectificar a súa política turística que nos últimos oitos anos foi de total desleixo e improvisación”.

— 

BNG da Estrada
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta