Os grupos políticos municipais estradenses coñecen a situación das SOFOR no municipio

Representantes da Asociación de Fomento de Ordenación Agroforestal reuníronse na mañá deste xoves con membros dos catro partidos políticos con representación na Corporación da Estrada para explicarlle o funcionamento do colectivo e os proxectos de constitución de sociedades de xestión forestal (SOFOR) no municipio.

A Estrada conta cunha SOFOR en marcha, en Requián, e outras seis están en proceso de constitución: tres en Souto, unha en Codeseda e dúas en Couso.

Na xuntanza interviú a estradense Marisé García, en representación de Stragal, que nestes momentos ostenta a presidencia da citada asociación de empresas, un colectivo de ámbito autonómico

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta