A Estrada investirá 8,5 millóns na renovación das luminarias do rural

O Concello da Estrada busca fórmulas para xestionar o financiamento do proxecto para cambiar 12.500 luminarias do rural por dispositivos led. A intervención está contemplada na estratexia Edusi e será financiada nun 20% pola Administración local. Porén, o Concello debe adiantar o 80% restante para poder acometer os traballos. Entretanto, xa adxudicou a Ferrovial o cambio das 1.700 luminarias do casco urbán. A empresa ten seis meses de prazo para realizar a substitución. Isto permitirá reducir o gasto energético nun 70%, segundo precisou este xoves o alcalde, José López.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta