«A Estrada incrementou o volume de reciclaxe de residuos no 2019»

A Estrada incrementou o volume de reciclaxe de residuos no 2019, así o coñecemos de man do Concello estradense.

Na bolsa negra recolléronse 5.775,8 toneladas en 2019, un 0,08% máis que en 2018. A reciclaxe de envases lixeiros tamén subíu no último ano,  ata as 366,64 toneladas, sendo o mellor dato dos últimos sete anos…

En papel, por exemplo, subíu a recollida porta a porta, cun total de 46,260 toneladas en 2019

Tamén en vidro se incrementou a reciclaxe, alcanzando os 448.430 quilos.

O concello estradense fai inhas recomendacións para seguir mellorando, así faise un recordatorio para saber que vai en cada contenedor;

Colector amarelo:

  • Botellas e envases de plástico: produtos de hixiene e limpeza, terrinas, bandexas, envoltorios e bolsas.
  • Envases metálicos: latas, bandexas de aluminio, aerosois, botes de desodorizante tapas e tapóns metálicos.
  • Briks de leite, zumes, sopas, etc.

Colector de papel e cartón:

  • Papel e caixas de cartón de: envases de alimentación, calzado, produtos conxelados, papel de envolver, papel de uso diario, etc.
  • Botellas de vidro: viño, cava ou licores.
  • Frascos de vidro: perfume, colonia ou similar.
  • Tarros de alimentos: marmelada, conservas, vexetais, etc.

Colector resto:

  • Colector de restos: este é o colector para outro tipo de residuos como alimentos, plantas, materiais orgánicos..

 

Outros colectores:

  • Outros produtos como o aceite, as pilas,… iran aos colectores específicos para estes refugallos, ou ven levalos ao punto limpio

 

OS ENSERES VOLUMINOSOS COMO MOBLES, ELECTRODOMESTICOS,… POÑERSE EN CONTACTO CO CONCELLO PARA ORGANIZAR A SUA RECOLLIDA (983 57 00 30) OU LEVALOS AO PUNTO LIMPO.

 

Horario do punto limpo, sito en Penerada:

  • Xoves e Venres de 9:00 a 13:00
  • Sábados:         10:00 a 13:00

16:00 a 19:00

 

Erros máis comúns á hora da utilización dos colectores de reciclaxe: Existe unha serie de produtos que acaban no colector equivocado.

Erros no colector amarelo

Ao colector amarelo só debemos depositar os envases de plástico, latas e briks.

NON vai ao colector amarelo:

ü  Xoguetes de plásticos: deben ir ao colector de restos.

ü  Biberóns e chupetes, deben ir ao colector de restos.

ü  Utensilios de cociña, como unha espátula ou un escurridor: NON van ao colector amarelo.

ü  Os cubos de plástico, como os de praia, podemos depositalos no colector de restos.

 

Erros no colector azul

Depositaranse só envases de papel e cartón. É habitual cometer erros pola composición material dalgúns residuos:

ü  Un dos principais erros é co Brik de leite ou de zume. sempre vai ao colector amarelo, xa que está composto por cartón, plástico e aluminio.

ü  Refugallos diarios como servilletas de cociña ou papeis sucios deben depositarse no colector de refugallos orgánicos.

ü  Os cueiros, o seu lugar é o colector de residuos orgánicos.

 

 

Erros no colector do vidro

É fundamental diferenciar entre vidro e cristal, neste colector só debemos depositar VIDRO.

Os erros mais comúns son:

ü          As lámpadas, deben levarse ao momento limpo ou centro de recollida.

ü  Os espellos, cinceiros, vasos ou vaixelas: tamén deben ser reciclados nun punto limpo ou de recollida.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta