O PSOE PREGUNTARÁ POR QUE AS PROBAS PARA A REALIZACIÓN DE TEST ANTÍXENOS NOS CENTRO DE SAÚDE NON SE FARÁN NA ESTRADA

 

O PSOE da Estrada preguntará no pleno do vindeiro xoves
por que o Centro de Saúde da Estrada non iniciará as probas para a
realización de test de antíxenos nos Centros de Saúde de Galicia. Luis López
Bueno afirma que o Centro de Saúde local solicitou ser a sede dese primeiro
ensaio, pero que finalmente será Ribeira o lugar onde se inicie a realización
de probas de antíxenos.
Para o voceiro socialista é inadmisible que a excelencia do ambulatorio
estradense -acreditada cos galardóns Best in Class en numerosas ocasións-,
non se vexa apoiada polo goberno municipal. Para o líder socialista, “que
Ribeira faga os ensaios revela que o alcalde non se entera de nada ou que é
absolutamente irrelevante na Xunta de Galicia”. Ademais, aféalle ao
goberno que conte cunha área de Sanidade “que non realiza ningunha
xestión”.
López Bueno explica levar os test a Ribeira é unha “decisión política da
Xunta”, e que o alcalde de Ribeira lle gañou a partida á Estrada “por
incomparecencia”. Considera gravísimo que esta decisión fora tomada
“mentres A Estrada encaixaba os casos da segunda onda” e sen que o
goberno local “fixera nada ao respecto”.
Nesa liña, o voceiro socialista recorda que Galicia bate récords de casos
activos e de contaxios día a día. Á vista da situación, considera “retratado”
a López Campos. Valora que as súas declaracións durante a primeira onda
atacando ao Goberno central eran “vergoñentas” daquela e que agora se
demostra que fixo o “ridículo”.
López Bueno asegura que habería argumentos para culpar ao goberno local
do incremento de casos, porque “por exemplo, as desinfeccións nos parques
infantís son claramente insuficientes pola falta de persoal dispoñible” pero
tamén garante que “non o faremos, somos realistas e moito máis
responsables que López Campos”.
É máis, o líder socialista téndelle a man ao goberno para combater a
segunda onda e ofrece o apoio do grupo municipal para adoptar todas as
medidas necesarias para atallar o incremento de casos, “o actual e os que
poidan vir”. Confía en que as restricións por parte do Goberno Central e a
Xunta de Galicia sexan suficientes, aínda que remarca a obriga de “estar
alerta”. “Xa vimos como se pode torcer a situación en poucos días”, advirte.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta