MercaNaEstrada, estrearase nos vindeiros días

A plataforma de comercio en liña da Estrada, MercaNaEstrada (www.mercanaestrada.gal)
pretende abrirse ao público, ás persoas compradoras, nos vindeiros días. Durante este tempo os establecementos/comercios estiveron a rexistrarse e subir os seus produtos na Plataforma e agora que xa existe un número de tendas e produtos que cumpren o mínimo esixido, é a hora de poñer en marcha este mercado virtual.
De todos xeitos, dende o departamento de Promoción Económica do Concello da Estrada, faise un chamamento a todos aqueles establecementos/comercios que aínda non se rexistraron,
para que se animen a unirse a unha nova oportunidade de negocio e que pon en valor o comercio de proximidade do noso municipo. Especial fincapé, neste chamamento, aos
produtores locais que, dun xeito moi sinxelo, poden inserir os seus produtos en mercanaestrada.gal e facer desta Plataforma en liña, o seu escaparate.
Lembramos que unha vez que un establecemento/comercio se rexistra terá que agardar á validación do Departamento de Promoción Económica, a cal soe ser rápida, para poder comezar a operar ca súa tenda en liña. Na propia Plataforma www.mercanaestrada.gal está á disposición dos usuarios, varios métodos de soporte e axuda ante calquera dúbida, teléfono,
chat, mail, etc.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta