Á CESIÓN E USO DA SALA DE XUNTAS E DE MOBILIARIO DO CONCELLO DE A ESTRADA Á SOCIEDADE COOPERATIVA ULLAMA

O Concello da Estrada a través da concellería de Medio Rural, encabezada polo Concelleiro do
Rural, D. Juan Constenla Carbón acaba de asinar un convenio de cesión de uso e espazo da
sala de xuntas do Viveiro de Empresas municipal á sociacedade cooperativa Ullama, cuia
finalidade é apoiar aos produtores e produtoras locais de mazá no nos municipio.
A produción de mazás para sidra na Estrada pasou de ser unha tradición a un fenómeno cada
vez máis abundante, máis tendo en conta que coa baixa da produción ganadeira moitos dos
terreos se empregaron para o cultivo desta froita.
Cabe destacar pois que é un sector de actividade económica moi importante que move o tecido
emprearial local xerando actividade e postos de traballo tanto de maneira directa como
indirecta.
A cooperativa Ullama é un dos referentes, non só no municipio, senón a nivel galego, coa
totalidade da súa produción ecolóxica absorbida para sidra.
A cooperativa Ullama constituíuse no ano 2002, pasando no 2007, a centrar case a
totalidade da súa produción á vertente ecolóxica ao establecer un vínculo comercial con Maeloc
(Estrela Galicia).
Actualmente ten arredor de 60 socios, dos cales case a metade son mulleres que atoparon na
cooperativa unha actividade profesional que desenvolver.
O Concello da Estrada mantén un firme compromiso de dinamización e desenvolvemento do
noso medio rural, sendo un dos eixes prioritarios da concellería do rural o apoio ao mesmo e
máis concretamente aos pequenos produtores e produtoras locais.
A finalidade da sinatura deste convenio é a de facilitar a cooperativa un espazo para
desenvolver a súa actividade; celebrar as asambleas e reunirse cos seus socios e clientes alén
de prestarlle mobiliario e equipamento informático para facilitar os trámites administrativos
que precisan no seu día a día.
O convenio asínase por un período dun ano, prorrogable por vontade das partes.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.