López vende fume coa ampliación da AG-59

Xoán Reices: «O PP utiliza as institucións para anunciar na Estrada unha obra que de momento non vai pisar o noso concello, e que vai ter nula repercusión nos tempos de desprazamento a Santiago de Compostela, e o que é peor, que converterá Pontevea nun funil»

AUTOVIA AG-59 QUE SERA AMPLIADA HASTA A ESTRADA

Onte no Instagram do concello da Estrada unha publicación daba conta da reunión do alcalde, José López, coa conselleira de infraestruturas, Ethel Vázquez, onde se anunciaba aos veciños e veciñas da Estrada a licitación do tramo A Ramallosa – Pontevea, da AG-59. Na publicación tamén se indicaba que podería facerse a conexión entre A Estrada e Santiago en 10 minutos.

O candidato do BNG á alcaldía, Xoán Reices explicou que «López vende fume e o grave é que o fai a través das redes sociais do concello, no canto de facelas desde as súas persoais. É imposible chegar a Santiago de Compostela en 10 minutos a menos que López faga como Baltar e vaia a 200 kilómetros por hora».

«Pero á marxe diso», explicou o candidato do BNG, «o que se vai licitar é o tramo que vai da Ramallosa a Pontevea, polo que para A Estrada pouca ou nula repercusión vai ter a curto prazo esa ampliación da autovía». «É máis», engade Reices, «non deixa de ser un acto de propaganda electoral do PP que usa as institucións ao seu antollo para vir á Estrada a anunciar unha obra que de momento non vai pisar o noso concello, e como dixen, pouca repercusión vai ter nos tempos de desprazamento, xa que, como o propio alcalde recoñece, vai converter Pontevea nun funil, onde van ser habituais os atascos».

Por outra parte, o candidato do BNG tamén reiterou o posicionamento encontra do trazado da AG-59 escollido pola Consellaría de Infraestruturas. «Desde o BNG xa dixemos que ía ser desastroso desde todos os puntos de vista», afirma Reices, «de feito fomos o único partido que presentou alegacións ao proxecto pedindo un novo trazado menos lexivo medio ambientalmente, porque vai afectar o noso patrimonio, posto en valor no seu día con cartos públicos que pronto van verse enterrados, así como a terras agrarias de Santa Cristina de Vea e Cora». «Ademais,» indica Reices, «o proxecto de autovía tamén discorrerá entre as casas de Santa Cristina de Vea, especialmente no Rollo, cuxos veciños e veciñas verán como se deteriora a súa calidade de vida.»

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.