Gran participación na festa da bicicleta con uns 500 ciclistas

IMG_7668O luns celebrábase na Estrada unha nova edición da festa da bicicleta. Este ano viña englobada dentro do programa da Deputación de Pontevedra “Únete a Volta”

Nesta ocasión a volta ciclista contou con uns 500 participantes.

Finalizada a volta sorteáronse 10 bicicletas, 4 proporcionadas pola Concellería de Deportes do concello de A Estrada, 5 doadas por empresas locais e 1 pola Deputación de Pontevedra xunto con numerosos lotes de material deportivo.

IMG_8081Ademais entregáronse os premios a bicicleta máis antiga, que gañou Manuel Sanmartín, ao participante máis veterano, Manuel Torrado, de 82 anos, a familia con máis participantes, Valiño, con 9 membros, e a bicicleta máis orixinal que levou Calvelo con un vehículo fabricado por el mesmo.

Entregaron os premios o concelleiro de Deportes, Ismael Pena, o edil de Promoción Económica, Óscar Durán, e a concelleira de Servizos Sociais, Amalia Goldar.

Aquí vos deixamos unha ampla galería para que vos busquedes.

Fotografías e Redacción: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Deportes, FESTAS SAN PAIO, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta