Na xornada matinal deste domingo celebrouse na Estrada a III Edición do Memorial en Homenaxe a Manuel Bergueiro organizado por Atlántica de Abogados en colaboración co Concello de A Estrada.
As rúas máis céntricas do pobo foron ocupadas por corredores e público de todas as idades que quixeron achegarse e participar do evento. Comezaron ás 10 da mañá os máis cativos con circuítos adaptados aos rangos de idades; pitufos, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. Todos os participantes destas categorías recibiron unha medalla ademais da camiseta conmemorativa que se lle facía entrega xunto cos dorsais a todos os corredores. Os atletas tamén tiñan a súa disposición bebidas e froita.
Antes da carreira grande que daría comezo ás 11:30 horas e na que competían os atletas de categoría absoluta e veteranos, o xerente de Atlántica de Abobados, José Cao, acompañado do edil de Deportes, Ismael Pena, fixéronlle entrega duns ramos de flores a familiares do
homenaxeado Manuel Bergueiro.
En total competiron arredor de 270 atletas dos cales obtiveron trofeo o primeiro clasificado de cada categoría, tanto masculina como feminina, dos máis pequenos e veteranos. Na categoría absoluta obtiñan trofeo e premios en metálico os tres primeiros clasificados; 250, 150 e 100 € respectivamente, tanto en categoría feminina como en masculina.
no images were found
Deixámosvos aquí galerías de imaxes de todas as probas para que vos busquedes:
Pitufos
no images were found
Prebenxamín e Benxamín
Alevin
no images were found
Infantil e Cadete
Proba Absoluta
Entrega de Trofeos (Fotos cedidas por Catrogatos)
no images were found
A entrega de galardóns tivo lugar ás 13:00 horas na Praza do Concello e os gañadores por categorías foron os seguintes:
1º. CLASIFICADO CATEGORÍA PITUFOS MASCULINO: Alex Sierpes Pereira
1ª. CLASIFICADA CATEGORÍA PITUFOS FEMININO: Flavia Bellas Noya
1º. CLASIFICADO CATEGORÍA PREBENXAMÍN MASCULINO: Diego Rodríguez Sánchez
1ª. CLASIFICADA CATEGORÍA PREBENXAMÍN FEMININO: Natalia Rivas Iglesias
1º. CLASIFICADO CATEGORÍA BENXAMÍN MASCULINO: Sergio Prieto Pazo
1ª. CLASIFICADA CATEGORÍA BENXAMÍN FEMININO: Sonia Rivadulla Blanco
1º. CLASIFICADO CATEGORÍA ALEVIN MASCULINO: Julián Mejuto Rivadulla
1ª. CLASIFICADA CATEGORÍA ALEVIN FEMININO: Efi Prieto Campos
1º. CLASIFICADO CATEGORÍA INFANTIL MASCULINO: Cristian Duarte Blanco
1ª. CLASIFICADA CATEGORÍA INFANTIL FEMININO: Iria Rivas Iglesias
1º. CLASIFICADO CATEGORÍA CADETE MASCULINO: Marcos Rosende Sáez
1ª. CLASIFICADA CATEGORÍA CADETE FEMININO: Xana Gómez Fernández
CATEGORÍA ABSOLUTA MASCULINA
– 1º. Clasificado: Robertas Geralavicius
– 2º. Clasificado: Carlos Costa
– 3º. Clasificado: Iván Docampo
CATEGORÍA ABSOLUTA FEMININA
1ª. Clasificada: Leticia Fernández Barbosa
2ª. Clasificada: Filipa Almeida
3ª. Clasificada: Isabel Sáez (Asociación Atletismo Estradense)
1º CLASIFICADO CATEGORÍA VETERANO A : Daniel Bargiela Araujo
1ª CLASIFICADA CATEGORÍA VETERANA A: Isabel Sáez Batallán
1º CLASIFICADO CATEGORÍA VETERANO B: Francisco Couceiro Magán
1ª CLASIFICADA CATEGORÍA VETERANA B: Rosa Mato Oliveira
1º CLASIFICADO CATEGORÍA VETERANO C: Luis García Fernández
Tamén recibiu un agasallo especial o atleta estradense Iván Magariños con unha importante perda de visión.
Redacción e Fotografía: Iria Eiras
Fotos Premios: Cedidas por Catrogatos.com







































