Fotografía e Gravación: Iria Eiras
Esta noite ás 21.00 horas representarase a comedia de Teatro Proscrito, “ROSA DE DOUS AROMAS”, protagonizada pola popularísima *Isabel Blanco* (“Mareas Vivas”, “Rías Baixas”, “Un franco, catorce pesetas”; “O lapis do carpinteiro”…) e *Sabela Hermida* (“Libro de familia”)
Xa o sábado ás 21.00 horas, tamén no Teatro Principal, terá lugar a estrea da comedia «CES´T LA VIE» protagonizada por Anabell Gago, Lorena Conde e a estradense Chelo do Rejo; obra da que haberá un segundo pase o domingo ás 19.00 horas.






































