A realidade do grupo de emerxencia supramunicipal creado polo PP na Estrada

Valoración PSOE presuposto 2013Diminución da capacidade real de atención de emerxencias na Estrada 

Cos cartos dos estradenses pagarán as intervencións do GES en Forcarei, Cerdedo, Cuntis, Teo e Vedra.

Ao longo desta semana o Alcalde López Campos vangloriábase nos medios de comunicación de ter acadado un compromiso coa Xunta para incrementar de 6 a 10 os efectivos que integrarán o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES). Unha vez máis, o que López Campos considera éxito de negociación das súas xestións, en realidade son prexuízos para A Estrada.

Os GES son a estrutura de Grupos de Emerxencia que propón a Xunta do PP, veñen a substituír aos anteriores GRUMIR. O cambio implica un empeoramento na atención aos veciños e veciñas da Estrada, pois con menos persoal que os anteriores GRUMIR, deberán encargarse de un territorio maior (como mínimo: A Estrada, Forcarei, Cerdedo, Cuntis, Teo e Vedra) e ademais realizar intervencións a demanda destes Concellos ante unha maior tipoloxía de sucesos. 

Ata o de agora, os grupos de emerxencia actuaban en situacións de gravidade e urxencia con vítimas, sen embargo agora deberán acudir a demanda dos distintos Concellos –sen importar a distancia- a incendios forestais, inda sen perigo para os domicilios, ou a regular o trafico en accidentes sen feridos. Na práctica os cambios propostos pola Xunta do PP implicarán menos capacidade de resposta ás emerxencias.

As negociacións do alcalde López Campos coa Xunta non melloran en nada a situación plantexada, senón que prexudican aos estradenses. A Xunta do PP acepta que este GES estea formado por 10 persoas a cambio de que a Estrada pague 40.000 euros. Ademais, A Estrada porá ao servizo do GES aos 9 traballadores de protección civil que paga integramente cos orzamentos municipais. “Na práctica o que fai López Campos é pagar 13 traballadores para o GES cos cartos de todos os estradenses, traballadores que prestarán servizo en Teo ou Cuntis, entre outros sitios, sen custarlle un só euro ás arcas destes Concellos”.

Pero os prexuízos van máis alá, do orzamento da Estrada debera saír  tamén o diñeiro para o mantemento do GES, sen que se teña estipulado colaboración económica por estes servizos dende os outros Concellos.

Redacción: PSdeG PSOE de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta