Esta semana o alcalde estradense, Xosé López, acompañado do director do obradoiro de emprego, Ignacio Taboada, visitaron as obras na futura Casa da Música para comprobar a evolución dos traballos.
López augura que as obras de albanelería se finalicen este mes realizadas polo obradoiro de emprego formado por menores de 25 anos, dos que gabou o seu traballo a pesar de non contar con ningunha experiencia profesional. En paralelo a esta reforma integral da primeira planta onde estaba situada a biblioteca, o concello aportou a instalación eléctrica.
[embedplusvideo height=»390″ width=»640″ editlink=»http://bit.ly/1TOrXcj» standard=»http://www.youtube.com/v/LxzYdTtSha4?fs=1&vq=hd720″ vars=»ytid=LxzYdTtSha4&width=640&height=390&start=&stop=&rs=w&hd=1&autoplay=0&react=1&chapters=¬es=» id=»ep9764″ /]
Unha vez finalizada a reforma as novas instalacións do conservatorio contarán neste andar con tres aulas debidamente insonorizadas e un auditorio, quedando pendente a carpintería e mobiliario.



































