
Rodrigo Romaní presenta un concerto adicado ao son da arpa céltica é á súa utilización dentro do folk contemporáneo creado a partir da música tradicional.Temas de composición propia e adaptacións de temas tradicionais e mesmo da música culta compoñen un variado repertorio que engancha pola súa sonoridade e orixinalidade. Primariamente concebido para duas arpas, voces, contrabaixo e percusión en formato de cuarteto, presenta outros instrumentos como ocarinas ou guimbardas e elementos de ambientación electrónica, facendo que o público descubra un xeito diferente de aproximarse á faciana musical dunha cultura ibérica de fonda personalidade milenaria.
As entradas anticipadas xa están a venda no Departamento de Cultura do Concello.
[embedplusvideo height=»388″ width=»640″ standard=»http://www.youtube.com/v/POFl_C1iaLg?fs=1″ vars=»ytid=POFl_C1iaLg&width=640&height=388&start=&stop=&rs=w&hd=0&autoplay=0&react=0&chapters=¬es=» id=»ep6940″ /]



































