A Festa do Salmón obtivo a denominación de Festa de Interese Turístico de Galicia, así nolo fixo chegar a directora de Turismo de Galicia, Dona Nava Castro, na presentación que tivo lugar o pasado venres no coto de Ximonde. Ao acto tamén asistiron o rexedor, Don Xosé López, o presidente da Sociedade Deportiva Río Ulla, Don Miguel de la Calle, e hostaleiros participantes no Concurso de Tapas e na degustación popular que se realizará o día da festa.
O alcalde resaltou que nesta 40 edición da festa nos restaurantes estradenses ofértanse 2000 prazas para a degustación do salmón. Tamén indicou que dende o concello se pretende estender a festa para que non estea englobada nun só día, dando valor ao río Ulla, o seu entorno e a pesca deste peixe.
Fotografía: Mariana Dono
Gravación e Redacción: Iria Eiras






































