A poucos días de que dean comezo as festas máis entrañables do ano, o Departamento de Cultura ten pechado un programa de actividades, tanto de exterior como de interior, para celebrar a chegada do nadal.Coma sempre, as actividades, queren servir para encher de cor e animación as rúas da vila, nun intento de que calquera cidadán ou visitante, máis alá dos seus gustos ou idade poida ter un Nadal á súa medida.Tanto o comercio local, para estimular as súas vendas, como as familias e os nenos, en particular, para disfrutar das súas merecidas vacacións, poderán beneficiarse das múltiples actividades que temos previstas.APARTADO MUSICALAs actividades culturais propiamente ditas, comezarán esta fin de semana, a golpe de música coral. Para este sábado 17 están fixados tanto o Festival de Nadal de Corais, na Igrexa de Berres,como o Festival de Fin de Ano no Teatro Principal coa participación da Banda Municipal, e as Corais Polifónicas de A Estrada e Soutomaior.Pola súa banda, o domingo, na igrexa parroquial de San Paio, terá lugar o xa tradicional Encontro de Coros Parroquiais coa presenza de 13 agrupacións procedentes de distintas parroquias da Estrada.O luns 19 de decembro, tamén teremos oportunidade de asistir a un concerto de nadal ofrecido pola Orquestra Sinfónica e Solistas do Conservatorio de Vigo.Xa o venres 23, viviremos un momento especial coa recuperación de un dos festivais máis queridos pola xente da vila. Trátase do FESTIVAL VIVEN, que reunirá á práctica totalidade dos grupos e músicos estradenses sobre o escenario para render tributo a grupos de pop-rock dos anos 80 e 90.O capítulo de concertos de interior, terá continuidade o día 2 de xaneiro cun concerto que Senén Vaamonde e dous compoñentes do Grupo A Roda ofrecerán no MOME, musicando poemas infantís de Neira Vilas nun espectáculo músico-literario titulado «Cantarolas pra xente miúda».Por último o día 4 de xaneiro recibiremos unha das visitas máis agardadas polos nenos da vila. O teatro Principal acollerá a actuacións dos «monos furiosos», o concerto que Furious Monkey House dará no Teatro Principal para os máis cativos e que presentaremos dentro duns días na compaña dalgúns dos xoves integrantes do grupo. As entradas para este concerto xa se poden adquirir no Departamento de Culturaa un prezo de 8 euros.APARTADO ARTES ESCÉNICASComa xa é tradición, o ciclo COLORÍN COLORADO NADAL, encherá de teatro, maxia e gargalladas as mañás dos días 26, 27, 28 e 29 de decembro. Todos os espectáculos serán ás 12.30h da mañá e todos terán un prezo por entrada de 3,00€. A relación de obras, desta edición, é a seguinte:-Jim e a illa do tesouro, de EMEDOUS Producións, o día 26 de decembro.-Baila, Roque baila, de BAOBAB Teatro o día 27.-Ensalada de instrumentos, da compañía OS TRES TENEDORES, o mércores día 28.-E Tripula, da compañía catalana FARRÉS BROTHERS o día 29.No que respecta a este espectáculo, dicir que chega coa vitola de ser un dos mellores espectáculos infantís do ano en España. A obra transcorre dentro dun globo aerostático que a compañía montará no escenario do teatro, polo que só caberán un máximo de 60 nenos, en cada unha das tres representacións previstas.A partir do vindeiro luns, todos os nenos que queiran facer esta viaxe en globo, ou asistir a calquera das obras anteriores, poderán mercar, por adiantado, a súa entrada no Departamento de Cultura a un prezo de 3,00€.APARTADO DE ANIMACIÓN DE RÚASe importantes son os eventos que vimos de enumerar, non menos importantes son os que están previstos para animar as rúas e prazas da vila, nestas datas de nadal.Pasarrúas, desfiles, xogos populares, concertos improvisados con pallasos, zanqueiros, músicos e actores encherán de música e diversión a vila entre o 18 de decembro e o 5 de xaneiro. Na folla que vos adxuntamos podedes ver, de forma detallada, esta relación de actividades, así como algunha outra organizada por outros colectivos locais.O broche ao programa de festexos poñerano, coma todos os anos, as cabalgatas de Papa Noel o día 24 de decembro, e a de Reis, o día 5 de xaneiro. Ambas as dúas previstas para ás seis e media da tarde.Nada máis. Desexando que todos os estradenses atopen nesta programación un motivo para rir, ou para compartir a ilusión destas datas tan entrañables, deséxolles a todos unhas felices festas de nadal e un próspero aninovo.Todo aquel que queira seguir o programa dun xeito máis detallado poderá baixalo na APP do Concello, ou darse de alta no servizo de envíos por whatsapp mandando a palabra «Alta» ao número 630262386. Xa son preto de 900 os usuarios deste servizo.
PRESENTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DE NADAL
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.






































