ÁNGEL MARTÍN Venres 17 de febreiro ás 21.00h Teatro Principal da Estrada
ÁNGEL MARTÍN é un cómico, guionista, actor e presentador barcelonés que se deu a coñecer coa súa participación nos programas televisivos «Sé lo que hicisteis…» xunto con Patricia Conde, e «Órbita Laika», un programa de TVE 2 de divulgación científica. Entrou a formar parte do plantel de monologuistas habituais da Paramount Comedy e traballou de guionista na serie «Siete vidas». Recibiu dos premios TP de Ouro como presentador e un premio da Academia de Televisión de España ao mellor presentador. Ademais ten formado parte de proxectos teatrais como «Nunca es tarde» ou !Que viene Richi», facendo distintas colaboracións cinematográficas. Actualmente realiza o espectáculo «Lo de hablar…» en el Teatro La Chocita del Loro, con grande éxito. Serán monólogos deste espectáculo os que traia ao Teatro Principal da Estrada.
CARLOS BLANCO Venres 10 de marzo ás 21.00hTeatro Principal da Estrada
Este actor e presentador galego pasa por ser un dos mellores narradores orais do país. Comezou a súa andadura artística na Radio e TV Galega, popularizándose no papel de Ladislao na mítica serie «Mareas vivas». Fixo tamén distintos papeis no eido cinematográfico participando en filmes como «O lapis do carpinteiro» ou «Cargo». Na súa faceta de narrador oral ten colaborado con artistas da talla de Xosé Manuel Budiño, Manecas Costa ou Luis Davila. Ten no seu haber Premios tan importantes como o María Casares de teatro ou o Mestre Mateo de interpretación. Á Estrada traerá contos escollidos entre o mellor do seu repertorio.
XOSÉ TOURIÑÁN Luns 1 de maio ás 20.00hTeatro Principal da Estrada
O fenómeno televisivo por autonomasia de Galicia ten un nome propio: Xosé Touriñán. «Air Galicia» «Land Rober» «Tourilandia» ou «Era visto» son só algúns dos programas que o actor converte en éxito botando man do seu inconfundible estilo retranqueiro. Toruriñán aterrará no Teatro Principal da Estrada para presentarnos o seu espectáculo «Manolo Lojo». Non foi doada a vida de Manolo Lojo… un rapaz superdotado, que remata vivindo cunha paga por parvo. Con este argumento, Xosé.A.Touriñán constrúe a historia da súa tráxica vida mesturada con temas de actualidade e historias clásicas, todo na mellor clave de humor “retranqueira” que invita ao espectador a acompañalo nunha viaxe emocionante e divertida.
MIGUEL LAGO Venres 19 de maio ás 21.00hTeatro Principal da Estrada
O actor e monologuista MIGUEL LAGO chegará á Estrada co seu espectáculo «Soy un miserable» que conseguiu poñer o cartel de «esgotadas as localidades» no Teatro Reina Victoria de Madrid e convertelo nun dos espectáculo do ano 2016 na carteleira madrileña. Sobre o escenario estradense poderase ver ao Miguel máis cáustico, crítico e mordaz, un humorista capaz de facer rir sen descanso con ese estilo tan único que o levou a serr elixido «Monologuista do ano» para o público de El club de la Comedia, programa onde é un dos rostros máis habituais.







































