Dende o Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada infórmase que a AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA (Amtega) publicou, no DOG num 15 do luns 23 de xaneiro de 2017, a Convocatoria para a obtención da Certificación galega de Competencias Dixitais en Ofimática (CODIX), tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.
O prazo de inscrición será de cinco (5) días hábiles a partir do seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
As persoas que desexen participar no curso convocado deberán inscribirse a través da internet na páxina web de CeMIT (http://cemit.xunta.gal). Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede
CeMIT. Unha vez que remate o prazo de inscrición publicarase a relación provisional de persoas admitidas na páxina web da rede CeMIT (http://cemit.xunta.gal). As persoas admitidas provisionalmente deberán aboar no prazo de cinco (5) días hábiles desde a data da súa publicación a taxa de dez (10 €) euros correspondente aos dereitos de exame seguindo ás instruccións establecidas na orden da convocatoria, sendo excluídos aqueles aspirantes que non aboen a citada taxa.
No curso desenvolveranse os seguintes temas:
- Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico.
- Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.
- Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc.
- Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base.
- Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress.
Para máis información consultar no DOG num 15 do luns 23 de xaneiro de 2017 ou acudir ao Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural de A Estrada, sito no 2º andar da Avda. Benito Vigo nº 94 (Tlfno 986 57 09 97 – email aedlestrada@gmail.com).






































