Este domingo os mellores equipos do baloncesto base galego daranse cita no pavillón Coto Ferreiro para disputar a fase final da Liga FGB Mini e Premini.
A súa vez no entorno do pavillón terá lugar un torneo de baloncesto 3X3 de inscrición aberta para rapaces de entre 8 e 12 anos. Nesta competición xa conta con máis de 80 participantes.
Entre os 16 equipos da fase final da liga autonómica e os participantes no torneo 3X3 espérase unha gran afluencia de visitantes a vila. Durante a presentación do evento o rexedor, José López, apuntou que espera que a afluencia dos rapaces con familiares e amigos repercuta positivamente na hostalaría local e sirva de promoción turística para o concello. Tamén valorou a importancia de fomentar o deporte, sobre todo entre os máis cativos, e agradeceu aos clubs estradenses que traballan co deporte base desinteresadamente. Acompañaron ao alcalde na presentación Francisco Martín, presidente da Federación Galega de Baloncesto, Begoña Estévez, Deputada de Deportes da Deputación de Pontevedra, Alfonso Sanmartín, presidente do E.D.M. Estradense, Ismael Pena, concelleiro de deportes e Herminio Cabero, director de La Caixa en A Estrada, entidade patrocinadora do evento.
Os partidos comezarán ás 9:30 ata as 19:00 horas.
Para máis información e inscricións no torneo 3X3 poden acceder a páxina da federación galega de baloncesto. www.fegaba.com
Fotografía: Mariana Dono
Gravación e Redacción: Iria Eiras







































